Casa de Castelao
Casa de Castelao | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | edificio ![]() | |||
Estado de uso | sen uso polo de agora | |||
Estilo | Urbano galego mariñeiro | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Rianxo ![]() | |||
Localización | Rúa de Abaixo, Rianxo | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | Ben de interese cultural | |||
Ben de Interese Cultural | ||||
Identificador | ARI-51-0012099 | |||
[ Wikidata ] |
A casa de Castelao é a vivenda familiar onde transcorreu parte da vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Atópase na Rúa de Abaixo, número 42, na vila de Rianxo. É unha típica edificación urbana das vilas mariñeiras galegas que data de finais do século XIX. Na fachada destacan o balcón e a galería.[1] Arélase que sexa a sede da Fundación Castelao nun futuro.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A familia Rodríguez Castelao non tiña casa propia antes de emigrar á Arxentina. Mariano Rodríguez, pai de Castelao, mercou a casa da rúa de Abaixo coma primeiro investimento despois de regresar triúnfante das Américas coma indiano. Tralo exilio de Castelao á Arxentina, a familia sufriu constantes aldraxes e humillacións, permanecendo case sempre na casa por medo. Na casa morou Teresa Castelao, irmá do artista, até a súa morte.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dunha construción acaroada de planta rectangular que presenta fachada proporcionada coas características do soar, representativa do tipo edificatorio máis elemental do tecido.
Conforma un inmoble de planta terrea e dous andares cuberto a tres augas, con recercados, zócolo e esquinais en cantaría e entrepanos en cachotaría revocada e simetría na composición da súa fachada, con tres vans, agás na planta baixa.
Consta de balconadas con varandas de fundición no primeiro andar e corpo voado pechado a xeito de galería no segundo andar e de fiestras balconeiras en ambos andares, con carpintaría de madeira, agás en dito corpo no que foi substituída por aluminio.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Información en Turgalicia
- ↑ M. X. Blanco (9 de febreiro de 2014). "«O reto é que a casa de Castelao sexa algún día sede da fundación»". La Voz de Galicia.
- ↑ Información en Culturagalega.gal