Debuxos de negros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Debuxos de negros é o título dunha serie de doce láminas que Castelao debuxara durante a súa estancia en Cuba a finais de 1938 e primeiros de 1939, cando residía en Nova York. Están asinados en 1939.

Nove das láminas da serie recollen figuras de músicos, individuais ou en grupo, bailarinas e comparsas dos caravais de Cuba. Outra representa un vendedor de lotería, outra un negro no inverno neoiorquino (Negriño en Nueva York), debuxada -ou esbozada- nesta cidade, e outra unha muller e un meniño de claros riscos orientais, probablemente tamén creada en Nova York

Todos eles están realizados a augadas de tinta chinesa sobre papel, con medidas que oscilan entre os 30x22 e os 35x43 cm, e consérvanse no Museo de Pontevedra. Domingo García-Sabell, en 1970, describíaos así:

Os debuxos de negros, feitos en Cuba e en Norteamérica, en 1939, son sen dúbida unha das expresións máis verdadeiras, e máis patéticas, da creatividade do artísta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • CASTAÑO GARCÍA, Xosé Manuel: A obra de Castelao no Museo de Pontevedra. Guía didáctica, Pontevedra 1999.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]