Cousas da vida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O nome xenérico de Cousas da vida designa a obra de Castelao consistente nos debuxos que publicou a partir de 1924 nas portadas de Galicia. Diario de Vigo e, a partir de 1925, en Faro de Vigo.

Cada debuxo ía acompañado dun breve texto a rodapé. Nuns casos era un comentario ou pensamento do autor ou do protagonista do debuxo, noutros un breve diálogo entre as figuras representadas.

Castelao comezou a publicar estes debuxos na portada do diario vigués Galicia, entre 1924 e 1925, período no que chegaron a editarse máis de seiscentos debuxos. En 1925 pechou o periódico e Castelao seguiu publicándoas, mantendo a mesma liña e estrutura, no Faro de Vigo.

Superada a censura franquista, a editorial Galaxia publicou unha escolma destes debuxos reunidos en seis libros temáticos baixo o mesmo título. En 1961 publicou o tomo I, en 1962 o tomo II, e en 1971 os tomos III, IV, V e VI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]