Saltar ao contido

Jet Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Jet Airways
Imaxe
 Instancia de
 Medio usado
Implicados
 Fundador/a
 Director/a executivo/a
Wolfgang Prock-Schauer (en) Traducir 1 de xuño de 2003 - 15 de outubro de 2009 Editar o valor en Wikidata
 Entidades subsidiarias
Jet Lite (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1992 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
17 de abril de 2019 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/02sdpw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: jetairways Twitter: jetairways Instagram: jetairways Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Jet Airways é un gran aeroliña india baseada en Bombai. En marzo de 2018 foi a segunda maior aeroliña da India despois de IndiGo cun 15% do mercado de pasaxeiros.[1] A compañía opera ao redor de 300 voos diarios a 66 destinos de todo o mundo dende o seu centro de conexión principal no aeroporto Chhatrapati Shivaji e os secundarios nos aeroportos de Ámsterdam-Schiphol, Chennai, Indira Gandhi, Kempegowda e Netaji Subhas Chandra Bose.

Creada en abril de 1992, a aeroliña comezou a operar como operador de taxi aéreo o 5 de maio de 1993. Comezou as súas operacións completas no ano 1995, e en 2004 comezou a realizar voos internacionais. A aeroliña fíxose pública en 2005 e en 2007 mercou Air Sahara. No ano 2010 converteuse na aeroliña con miaor porcentaxe no mercado indio, posición que mantivo ata o ano 2012.

1992-2005: comezos

[editar | editar a fonte]

Jet Airways constituíuse como unha sociedade de responsabilidade limitada o 1 de abril de 1992.[2] Iniciou as súas actividades como un operador de taxi aéreo o 5 de maio de 1993 cunha frota de catro avións Boeing 737-300 alugados.[2] O 14 de xaneiro de 1994 concedéuselle o status de aeroliña regular.[2] O 12 de maio de 1994 todas as accións foron transferidas a Tailwinds International, cuxo capital estaba en mans de Naresh Goyal (60%), Gulf Air (20%) e Kuwait Airways (20%). En outubro de 1997, segundo a directiva do Ministerio de Aviación Civil que prohibe investimento estranxeiro en aeroliñas de pasaxeiros, Goyal fíxose co control da totalidade da compañía.[2] A aeroliña lanzou o seu primeiro voo internacional en marzo de 2004 dende Chennai a Colombo.[3] Jet Airways comezou a cotizar na bolsa de Bombai e comverteuse nunha compañía pública o 28 de decembro de 2004, con Goyal mantendo o 51% das accións.[2][4]

2006-2009: crecemento e expansión

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2006 Jet Airways anunciou a súa intención de mercar Air Sahara por 500 millóns de dólares; porén, o acordo fracasou en xuño dese ano.[5] O 12 de abril de 2007 Jet Airways acordou pagar 220 millóns máis para continuar co acordo.[6] O 16 de abril Air Sahara foi rebautizada como JetLite e comercializada no mercado entre as aeroliñas de baixo custo e as de servizos plenos. JetLite converteuse nunha subsidiaria de propiedade total de Jet Airways.[7] En agosto de 2008 Jet Airways anunciou os seus plans para integrar JetLite en Jet Airways.[8] No mes de outubro dese ano Jet Airways despediu a 1 900 dos seus empregados, que posteriormente foron readmitidos debido á intervención do Ministerio de Aviación Civil.[9][10] Ese mesmo mes a compañía iniciou unha alianza co seu rival Kingfisher Airlines para compartir código en voos domésticos e internacionais, para colaborar no programa de viaxeiro frecuente e compartir tripulacións e equipos de asistencia en terra.[11] O 8 de maio de 2009 Jet Airways lanzou outra marca de baixo custo, Jet Konnect.[12] A nova aeroliña operaba unha frota de avións Boeing 737 Next Generation e ATR 72 nas rutas rendibles de curto alcance con maiores factores de carga de pasaxeiros.[13]

2010-presente: consolidación

[editar | editar a fonte]

No terceiro cuarto de 2010 Jet Airways converteuse na aeroliña máis grande da India cunha participación no mercado de pasaxeiros do 22,6%. En xulo de 2012 a compañía solicitou oficialmente ao goberno a aprobación para unirse a Star Alliance.[14] En abril do ano 2018 Jet Airways aínda non era un membro de Star Alliance.[15] En xuño de 2011 converteuse na primeira aeroliña doméstica da India en prohibir produtos cárnicos e líquidos na equipaxe facturada.[16] Jet Airways fusionou a marca JetLite dentro de Jet Konnect o 25 de marzo de 2012 e comezou a ofrecer clase business tras a desaparición de Kingfisher Airlines.[17][18][19] No ano 2013 Etihad Airways planeou mercar unha participación na aeroliña tras o anuncio por parte do goberno de que compañías estranxeiras poderían facerse con ata o 49% de aeroliñas indias. O 24 de abril Jet anunciou que estaba lista para vender o 24% das súas accións a Etihad por 379 millóns de dólares.[20] O acordo completouse o 12 de novembro de 2013.[21]

En 2013 a compañía baixou os prezos e entrou nunha batalla de tarifas coas aeroliñas de baixo custo IndiGo e SpiceJet debido á baixada de demanda de pasaxeiros.[22][23][24] No mes de febreiro o valor de mercado da aeroliña diminuíu en 74 millóns de dólares debido á caída do prezo das súas accións.[25] Jet Airways obtivo beneficios no terceiro cuarto do ano financeiro 2013-14, despois de rexistrar perdas no ano anterior.[26] O 11 de agosto de 2014 Jet Airways anunciou que eliminaría Jet Konnect cara finais dese ano como parte dos seus plans para reposicionar a empresa como un operador uniforme de servizos plenos.[27] O 1 de decembro Jet Konnect fusionouse completamente con Jet Airways, converténdose na terceira aeroliña de servizos plenos da India tras Air India e Vistara.[28] En decembro de 2015 Jet Airways anunciou o peche do seu centro de conexións no aeroporto de Bruxelas en marzo de 2016 e a apertura dun novo no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol o 27 de marzo dese ano.[29]

Jet Airways opera unha frota mixta de avións ATR-72, Boeing 737NG, Boeing 777 e Airbus A330. En marzo de 2018 a frota de Jet Airways estaba formada polos seguintes avións:[30]

Frota de Jet Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F J Y Total
Airbus A330-200 5 18 236 254 3 alugados a Turkish Airlines[31]
Airbus A330-300 4 34 259 293
ATR 72-500 15 66 66
ATR 72-600 3 72 72
Boeing 737-700 5 8 126 134
Boeing 737-800 71 12 156 168
Boeing 737-900 2 28 138 166
Boeing 737-900ER 4 12 172 184
Boeing 737 MAX 154 TBA Entregas dende xuño de 2018[32]
Boeing 777-300ER 10 8 30 308 346
Boeing 787-9 10 TBA
Total 119 164
  1. DGCA (ed.). "Traffic Report March 2018" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de abril de 2018. Consultado o 23 de abril de 2018.
  2. 1 2 3 4 5 The Economic Times (ed.). "Company History - Jet Airways (India) Ltd.". Consultado o 24 de abril de 2018.
  3. India Today (ed.). "Jet Airways completes 20 years of operations on Sunday". Consultado o 24 de abril de 2018.
  4. Jet Airways (ed.). "Shareholding pattern, Q3 2015–16" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2016. Consultado o 24 de abril de 2018.
  5. India Today (ed.). "Jet-Sahara deal: Reasons behind collapse of India's most high-profile aviation merger". Consultado o 24 de abril de 2018.
  6. Rediff (ed.). "Jet finally buys Air Sahara for Rs 1,450 crore". Consultado o 24 de abril de 2018.
  7. Rediff (ed.). "Jet renames Air Sahara 'Jetlite'". Consultado o 24 de abril de 2018.
  8. The Economic Times (ed.). "JetLite may merge with Jet Airways this year". Consultado o 24 de abril de 2018.
  9. The Times of India (ed.). "Jet Air sacks 1,000 employees". Consultado o 24 de abril de 2018.
  10. The Economic Times (ed.). "Praful takes credit for reversal of Jet layoffs". Consultado o 24 de abril de 2018.
  11. Rediff (ed.). "Kingfisher, Jet in cost-saving alliance". Consultado o 24 de abril de 2018.
  12. Rediff (ed.). "What went wrong with Jet Airways' no-frills brand Konnect". Consultado o 24 de abril de 2018.
  13. NDTV (ed.). "Jet Airways inducts five ATR 72-600 series aircraft". Consultado o 24 de abril de 2018.
  14. Live Mint (ed.). "Jet Airways seeks government nod to join Star Alliance". Consultado o 24 de abril de 2018.
  15. Star Alliance (ed.). "Star Alliance Member Airlines". Consultado o 24 de abril de 2018.
  16. Hindustan Times (ed.). "Jet Airways bans meat products, fliers upset". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2011. Consultado o 24 de abril de 2018.
  17. The Economic Times (ed.). "Jet Airways offers eight business class seats in Konnect to cash in on Kingfisher Airlines' woes". Consultado o 24 de abril de 2018.
  18. The Times of India (ed.). "Jet Airways discontinues JetLite, merges with Konnect". Consultado o 24 de abril de 2018.
  19. The Hindu (ed.). "Jet discontinues JetLite, merges with Konnect". Consultado o 24 de abril de 2018.
  20. Outlook India (ed.). "Jet Airways to Sell 24% Equity to Etihad Airways". Archived from the original on 17 de maio de 2013. Consultado o 24 de abril de 2018.
  21. Jet Airways (ed.). "Jet Airways - Etihad Airways Strategic Alliance". Archived from the original on 18 de marzo de 2016. Consultado o 24 de abril de 2018.
  22. The Economic Times (ed.). "SpiceJet, IndiGo join Jet Airway's airfare war, offer discounts". Consultado o 24 de abril de 2018.
  23. Business Today (ed.). "Jet Airways escalates price war, offers 20 lakh tickets at rock bottom rates". Consultado o 24 de abril de 2018.
  24. The Economic Times (ed.). "Race on to slash airfares: IndiGo, GoAir follow suit as flyers scramble for discounted Jet tickets". Consultado o 24 de abril de 2018.
  25. The Economic Times (ed.). "Jet Airways down over 11%; market valuation drops by Rs 484 crore". Consultado o 24 de abril de 2018.
  26. The Hindu (ed.). "Jet Airways returns to profit". Consultado o 24 de abril de 2018.
  27. ch-aviation (ed.). "India's Jet Airways to phase out LCC Jet Konnect". Consultado o 24 de abril de 2018.
  28. Live Mint (ed.). "Jet Airways to offer full services on all-economy subsidiary JetKonnect". Consultado o 24 de abril de 2018.
  29. The Hindu (ed.). "Jet Airways makes Amsterdam its European gateway". Consultado o 24 de abril de 2018.
  30. Jet Airways (ed.). "Fleet Information". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 23 de abril de 2018.
  31. Planespotters (ed.). "Production List Search". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2016. Consultado o 23 de abril de 2018.
  32. Live Mint (ed.). "Jet Airways to buy 75 fuel-efficient Boeings in its biggest order". Consultado o 23 de abril de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]