Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Afta
Unha afta[1] é unha pequena úlcera (chamada popularmente vexiga) abrancazada superficial que se forma na mucosa bucal que ocasiona molestias e dor. As causas pola que aparece non se coñecen nin o tratamento axeitado aínda que probablemente é unha manifestación común a diversas doenzas pero tamén pode ser debida ao estrés, o esgotamento físico e mental, os cambios hormonais, alerxias, menstruación ou insuficiencia de ferro ou ácido fólico.
En galego reciben tamén o nome popular de carouquexas.[2]