Saltar ao contido

Proído

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proído
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Un home rañando no lombo
 Instancia de
 Parcialmente coincidente con
 Causa inmediata de
 Causado por
Características
 Especialidade médica
Identificadores
Freebase/m/04kllm9 Editar o valor en Wikidata
MeSHD011537 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC3344 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2S02 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB25363 Editar o valor en Wikidata
CIE-111729106757 Editar o valor en Wikidata
CIE-9698 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus003217 Editar o valor en Wikidata
eMedicine1098029 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779923671 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

O proído[1] ou proício[2] é unha sensación peculiar ou irritación incómoda da pel que leva un desexo de rañar a parte en cuestión. Tamén é coñecido comunmente como coceira,[3] rañeira,[4] comichón[5] ou comechón.[6] O termo médico é prurito.[7]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O proído pode presentarse ben diseminado en diversas áreas do corpo (proído xeneralizado) ou nunha zona específica (proído localizado).

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

Aínda que antigamente se pensaba que o proído era un tipo de dor de baixa intensidade, sábese que é unha sensación distinta á dor; que ten a súa propia liña de conexión co cerebro.[8]

O proído, xa sexa o localizado ou o xeneralizado, pode deberse a unha irritación química (por tocar unha determinada planta), causas ambientais (insolación de certa zona cutánea), urticaria, caspa, infeccións fungosas como o pé de atleta e a dentadas ou picaduras de parasitos na pel, no cabelo ou na pube (mosquitos, arañas, pulgas, piollos, carrachas, etc.).

O proído xeneralizado pode deberse a doenzas infecciosas, reaccións alérxicas, sarna, doenzas renais ou hepáticas con ictericia así como por reaccións a medicamentos.

Respecto ó mecanismo fisiolóxico polo cal se produce o proído, descubriuse que unha molécula denominada BNP (péptido natriurético B) e que se libera na medula espiñal transmite a sensación de proído ó cerebro. En experimentos con ratos, observouse que eliminando a molécula BNP ou a célula nerviosa receptora desta, os ratos deixaban de rascarse.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para proído.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para proício.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coceira.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rañeira.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comichón.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comechón.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para prurito.
  8. S. K. Mishra, M. A. Hoon.