Saltar ao contido

Virus varicela-zóster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virus varicela-zóster
 Nome taxon
    Human herpesvirus 3 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoHeunggongvirae
 FiloPeploviricota
 ClaseHerviviricetes
 OrdeHerpesvirales
 FamiliaHerpesviridae
 XéneroVaricellovirus
 EspecieHuman herpesvirus 3 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01rv6q Editar o valor en Wikidata
MeSHD014645 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC71091 Editar o valor en Wikidata
CIE-11213097968 Editar o valor en Wikidata
eMedicine231927 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776159415 Editar o valor en Wikidata
UNII9885M7D6JP Editar o valor en Wikidata
EOL46699975 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Herpes zóster oftálmico. Feridas na superficie da pel causadas por un VZV na rexión ocular.

O virus da varicela-zóster (VZV) é un dos oito virus do herpes que se sabe que infecta a humanos e vertebrados. O VZV afecta só aos humanos e adoita causar varicela en nenos, adolescentes e adultos novos e herpes zóster (tamén chamado zona, lume sagrado ou zona ígnea) en adultos e raramente en nenos. O virus da varicela-zoster é coñecido por moitos nomes, incluíndo o virus da varicela, o virus do zóster, antes chamado virus do herpes humano 3 (HHV-3, de Human herpesvirus 3) e agora alfaherpesvirus humano 3 (Human alphaherpesvirus 3).

O virus infecta os nervios e causa unha gran variedade de síntomas. Despois da infección primaria (varicela), o virus entra nun estado latente nos nervios, incluíndo os nervios craniais, os ganglios da raíz dorsal e os ganglios autónomos. Moitos anos despois de que o paciente se recupera da varicela, o VZV pode reactivarse causando unha serie de condicións neurolóxicas.[1]

Doenzas humanas

[editar | editar a fonte]

Os resultados primarios da infección polo virus da varicela zoster na varicela, que poden producir complicacións, incluíndo encefalite ou pneumonía (xa sexa pneumonía viral directa ou pneumonía bacteriana secundaria). Mesmo cando os síntomas clínicos da varicela se teñan resolto, o VZV permanece latente no sistema nervioso da persoa infectada (latencia do virus), ganglios da raíz dorsal e do trixémino.[2]

En cerca de 10 a 20 por cento dos casos, o VZV é reactivado máis tarde durante a vida, producindo unha doenza coñecida como herpes ou zóster (tamén herpes-zóster, zona, zona ígnea ou lume sagrado entre outros nomes)[3]. O virus tamén pode infectar o sistema nervioso central (un documento de 2013 informa unha taxa de incidencia de 1,02 casos por 100.000 habitantes en Suíza e unha taxa de incidencia anual de 1,8 casos por 100.000 habitantes en Suecia).[4] A modo de comparación, a esclerose lateral amiotrófica (ELA) ten unha taxa de incidencia anual de 0,2 a 2,4 por 100.000 habitantes nos países industrializados.[5]

O herpes pode desenvolverse varias veces na vida mentres que a varicela só ocorre unha vez. Tanto unha persoa con varicela como unha con herpes zóster, por contaxio coas erupcións cutáneas ou por expectoracións respiratorias, poden contaxiar a outras con este virus, que se manifestará por primeira vez en forma de varicela. Por outra banda, un herpes zóster nunca se contaxia directamente, pero a persoa que o padece por primeira vez xa tivo que pasar pola varicela antes (aínda que non se lembre ou fose moi leve). Tamén pode ser que unha persoa teña varicela unha vez e nunca desenvolva zóster.

Outras complicacións graves da infección polo VZV inclúen a neuralxia postherpética, a meninxite de Mollaret, o zóster multiplex e a inflamación das arterias do cerebro que conducen ao ictus,[6] mielite, herpes oftálmico ou zoster sine herpete. Na síndrome de Ramsay Hunt, o virus afecta o ganglio xeniculado dando lesións que seguen ramas específicas do nervio facial. Os síntomas poden incluír bochas dolorosas na lingua e na orella xunto con debilidade facial unilateral e perda auditiva.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Dentro do corpo humano, pódese tratar mediante unha serie de fármacos e axentes terapéuticos, incluíndo aciclovir para a varicela, fanciclovir, valaciclovir para o herpes zóster, inmunoglobulina zóster (GZI) e vidarabina. A inmunoglobulina VZV tamén é un tratamento.[7]

  1. ↑ "The protean neurologic manifestations of varicella-zoster virus infection". 2007. Consultado o 23 de outubro de 2014.
  2. ↑ Steiner I (2007). "The neurotropic herpes viruses: herpes simplex and varicella-zoster". Lancet Neurol 6 (11): 1015–28. PMID 17945155. doi:10.1016/S1474-4422(07)70267-3.
  3. ↑ "Dicionario galego de termos médicos" (PDF). DGTM; p. 850. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 6-1-2022.
  4. ↑ "Infection of the central nervous system caused by varicella zoster virus reactivation: a retrospective case series study". 2013. Consultado o 23 de outubro de 2014.
  5. ↑ "Mapping amyotrophic lateral sclerosis lake risk factors across northern New England". 2014. Consultado o 23 de outubro de 2014.
  6. ↑ "The varicella zoster virus vasculopathies: clinical, CSF, imaging, and virologic features". 2008. Consultado o 23 de outubro de 2014.
  7. ↑ Centers for Disease Control and Prevention (CDC) (2012). "FDA approval of an extended period for administering VariZIG for postexposure prophylaxis of varicella" (PDF). MMWR Morb. Mortal. Wkly. Rep. 61 (12): 212. PMID 22456121. Consultado o 24 de outubro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]