Saltar ao contido

Nicotina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicotina
Nome químico (S)-3-(1-metilpirrolidin-2-il) piridina
Fórmula química C10H14N2
Masa molecular 162.23 g/mol
Densidade 1.01 g/ml
Punto de fusión -7.9 °C
Punto de ebulición 247 °C
Número CAS 54-555-5
Código ATC N07B A01
Chemical structure of nicotine
Planta do tabaco.

A nicotina é un composto orgánico, un alcaloide atopado na planta do tabaco (Nicotiana tabacum), con alta concentración nas súas follas. Constitúe case o 5% do peso da planta. A nicotina debe o seu nome a Jean Nicot, quen introduciu o tabaco en Francia en 1560. Sintetizase nas zonas de maior actividade das raíces das plantas do tabaco, trasportada polo zume ás follas verdes. O depósito realizase en forma de sales de ácidos orgánicos.

É un potente veleno e incluso se emprega en múltiples insecticidas (fumigantes para invernadoiros). En baixas concentracións, a substancia é un estimulante e é un dos principais factores de adicción ó tabaco. É soluble en auga.

Características

[editar | editar a fonte]
  • Esta droga ven de Francia, apareceu alí en 1560. Consómese mediante cigarros, puros, tabaco de mascar, tabaco en po etc. Extraese da planta do tabaco. Os principais países produtores son os EUA e Bolivia.

Entre as súas características destacan o sabor amargo e a súa cor amarela.

Factores serviron para potenciar o consumo

[editar | editar a fonte]

O aumento da nicotina nos diferentes tipos de tabaco, e diferentes aditivos desta para que lle resulte o consumidor moito máis difícil deixar de consumir.

Efectos sobre o metabolismo

[editar | editar a fonte]

Os efectos que fai no metabolismo: coma no fígado por medio do grupo das enzimas do citrocromo P-450 (son enzimas que teñen a función de eliminar substancias que non son sintetizadas polo propio organismo),este provoca un efecto estimulante sobre a vixilanza e a alerta e o rendimento cognitivo do sistema nervioso central (doses baixas), e tamén causa un efecto reforzador ou de reconpensa sobre o sistema nervioso limbico, mediado pola vía neuronal do pracer (doses elevadas).

Riscos para a saúde

[editar | editar a fonte]
Posíbeis efectos da nicotina nos seres humanos (texto en inglés)

Ademais dos outros riscos coma por exenplo o cancro de pulmón, tamén atopamos unha enfermidade que se causa o suspender bruscamente os antidepresivos, xa que pénsase que non producen a chamada "tolerancia" que é a síntoma ao que nós referimos.

Medidas iniciais da (OMS)

[editar | editar a fonte]
  • Elaboración dos informes científicos polos comités dos expertos.
  • O desenvolvemento dos programas "tabaco e saúde".
  • A adopción de resolucións, última adoptada no ano 1996, elabora un Convenio Marco para a Loita Antitabaquista (CMLA), é de uso como instrumento xuridico internacional.
  • O convenio marco para o control do tabaco é un tratado antitabaquista promovido pola Organización Mundial do Comercio (OMC) que entrou en vixencia o 27 de febreiro do 2005, tras anos de opinión e intentos de negación da industria tabaqueira.
  • Países europeos ratificaron o tratado, entre eles Alemaña, Francia, Reino Unido e España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]