Saltar ao contido

Menopausa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Menopausa
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Aspecto de
Características
 Especialidade médica
 Idade de aparición
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d5t6 Editar o valor en Wikidata
MeSHD008593 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB8034 Editar o valor en Wikidata
CIE-111965418440 Editar o valor en Wikidata
CIE-9627 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000894 Editar o valor en Wikidata
eMedicine264088 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2910557164, C2778562196, C3018603563 e C3020703477 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX525223
Wikidata C:Commons
Menopausa
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Aspecto de
Características
 Especialidade médica
 Idade de aparición
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d5t6 Editar o valor en Wikidata
MeSHD008593 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB8034 Editar o valor en Wikidata
CIE-111965418440 Editar o valor en Wikidata
CIE-9627 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000894 Editar o valor en Wikidata
eMedicine264088 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2910557164, C2778562196, C3018603563 e C3020703477 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX525223
Wikidata C:Commons

A menopausa[1] defínese como o remate permanente da menstruación e ten correlacións fisiolóxicas, coa declinación da secreción de estróxenos por perda da función folicular.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

"menopausa" deriva do francés ménopause, rexistrado a mediados no século XIX; este do latín médico menopausis, e do grego: mens, que significa "mensualmente", e pausi, que significa "cesamento").[2]

Outros termos

[editar | editar a fonte]

Este termo confúndese a miúdo co climaterio, sinónimo de premenopausa e perimenopausa, e de feito, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, unha das acepcións do termo é precisamente a do «climaterio feminino».[3]

Transición climatérica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Climaterio.

A idade media dunha muller que está tendo o derradeiro período, a menopausa, é 51,4 anos.[4] Este derradeiro sangrado é precedido polo climaterio, que é a fase de transición entre a etapa reprodutiva e non reprodutiva da muller. Este proceso comeza varios anos antes do último período, cando o ciclo (ou período menstrual) comeza a ser menos regular.

Niveis de hormonas

[editar | editar a fonte]

A diminución nos niveis das hormonas estróxeno e proxesterona causa cambios na súa menstruación. Estas hormonas son importantes para manter en bo estado de saúde a vaxina e o útero, o mesmo que para os ciclos menstruais normais e para un embarazo. O estróxeno tamén axuda á boa saúde dos ósos e a que as mulleres manteñan un bo nivel de colesterol no sangue.

Outras causas

[editar | editar a fonte]

Algúns tipos de cirurxía ou o uso de medicamentos anticonceptivos poden producir a menopausa. Por exemplo, extirpar o útero (histerectomía) provoca o cesamento da menstruación. Cando se extirpan ámbolos ovarios (ooforectomía), os síntomas da menopausa comezan de súpeto, sen importar a idade.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para menopausa.
  2. "menopause - Etimologia, significado e origem". www.etymonline.com. Consultado o 2024-11-20.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para climaterio.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 13 de febreiro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chedraui P, Pérez-López FR, Mendoza M, Morales B, Martínez MA, Salinas AM, Hidalgo L. Severe menopausal symptoms in middle-aged women are associated to female and male factors. Arch Gynecol Obstet. 2010;281(5):879-85.
  • Fernández-Alonso AM, Cuadros JL, Chedraui P, Mendoza M, Cuadros AM, Pérez-López FR. Obesity is related to increased menopausal symptoms among Spanish women. Menopause Int. 2010;16(3):105-10.
  • Fontaine KR, Redden DT, Wang C, Westfall AO, Allison DB. Years of life lost due to obesity. JAMA. 2003;289(2):187-93.
  • Groessl EJ, Kaplan RM, Barrett-Connor E, Ganiats TG. Body mass index and quality of well-being in a community of older adults. Am J Prev Med. 2004;26(2):126-9. PMID 14751323
  • Pérez-López FR, Chedraui P, Gilbert JJ, Pérez-Roncero G. Cardiovascular risk in menopausal women and prevalent related co-morbid conditions: facing the post-Women's Health Initiative era. Fertil Steril. 2009;92(4):1171-86.
  • Pérez-López FR, Chedraui P, Haya J, Cuadros JL. Effects of the Mediterranean diet on longevity and age-related morbid conditions. Maturitas. 2009;64(2):67-79.
  • Pérez-López FR, Larrad-Mur L, Kallen A, Chedraui P, Taylor HS. Gender differences in cardiovascular disease: hormonal and biochemical influences. Reprod Sci. 2010;17(6):511-31

Outros artigos

[editar | editar a fonte]