Elvira Méndez (864 - 921)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elvira Menéndez»)
Elvira Méndez
Nacementoc. 885
Lugar de nacementoReino de Galicia
Falecemento921
Lugar de falecementoZamora
Soterradapanteón real da catedral de Oviedo
NacionalidadeReino de Galicia
PaiHermenexildo Gotérrez
NaiErmesinda Gatónez
CónxuxeOrdoño II
FillosSancho I, Ramiro II e Afonso IV de León
Na rede
WikiTree: Torres-229
editar datos en Wikidata ]

Elvira Méndez, ou Elvira Menéndez ou Elvira Menendiz, nada no ano 864 e finada en 921, foi unha nobre e raíña consorte galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dos magnates galegos Hermenexildo Guterrez (conde de Tui e do Porto e conquistador de Coímbra) e de Hermesinda, que viviu no século IX.

Casou no ano 900 con Ordoño (o futuro Ordoño II), fillo de Afonso III o Magno e Ximena Garcés, como enlace entre a nobreza galega e a monarquía.

Raíña de Galicia[editar | editar a fonte]

No ano 910 recibiu o recoñecemento de todos os magnates galegos xunto ao seu marido, Ordoño II. A súa importante condición aristocrática foi imprescindible para que os grandes magnates galegos recoñeceran a Ordoño II como o seu rex ou señor. Algúns autores ven neste momento o nacemento dun reino de Galicia de seu, outros, porén, consideran tal recoñecemento como un pacto feudal entendendo que o reino de Galicia era moito maior que as territorio estritamente galego.

Tras a morte do seu cuñado, o rei García I, foi coroada como raíña consorte. Asinou co seu home numerosos documentos a prol da nobreza e da Igrexa Galega. A diocese de Iria Flavia-Santiago de Compostela beneficiouse das súas doazóns en vilas, servos e alfaias, sobresaíndo as doazóns á catedral de Santiago de Compostela, ao mosteiro de san Martiño Pinario, ao mosteiro de san Isidro de Dueñas e ao mosteiro de san Pedro de Montes.[1]

Fundadora dunha estirpe[editar | editar a fonte]

Foi nai dos reis Sancho Ordóñez (o primoxénito e rei privativo de Galicia), Afonso IV e Ramiro II. Dela agromou unha estirpe de monarcas de Galicia e León.

Nupcias e descendencia[editar | editar a fonte]

Froito do seu matrimonio co rei Ordoño II naceron cinco fillos que aparecen na documentación cos seus pais na seguinte orde:

Morte e sepultura[editar | editar a fonte]

A raíña Elvira faleceu entre o 20 de febreiro e o 12 de outubro do ano 921.[4] Segundo a Crónica de Sampiro, cando o rei Ordoño II recibiu a nova da morte de Elvira ao seu regreso a Zamora dunha campaña contra os musulmáns, «foi tanto a dor que tivo polo seu pasamento canto fora o seu fozo do seu triunfo».[4]

Recibiu sepultura no panteón de reis da catedral de Oviedo. Os restos mortais da raíña foron depositados nun sepulcro acubillado por un arco de medio punto, no que aparecía esculpido o seguinte epitafio:[5]

HIC COLLIGIT TUMULUS REGALI EX SEMINE CORPUS GELCYRAE REGINAE ORDONII SECUNDI UXOR. OBIIT ERA DCCC... ET HOC ETIAM


Predecesor:
Ximena Garcés
 Raíña consorte de Galicia 
914 - 921
Sucesor:
Munia Ximena

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sáez 1947, p. 30.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rodríguez Fernández 1997, p. 103-104.
  3. Rodríguez Fernández 1997, p. 98.
  4. 4,0 4,1 Sáez 1947, pp. 31–33.
  5. Arco y Garay 1954, p. 144.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]