Ángela Rodicio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángela Rodicio
Nome completoÁngela Rodríguez González
AlcumeÁngela Rodicio
Nacemento1963
 Regodeigón, Ribadavia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense
Ocupaciónxornalista
Profesiónxornalismo
Premiosvéxase: "Recoñecementos"
http://www.facebook.com/angela.rodicio
editar datos en Wikidata ]

Ángela Rodicio, sinatura profesional de Ángela Rodríguez González, nada en San Cristovo de Regodeigón, Ribadavia, en 1963, é unha xornalista e escritora galega en lingua castelá, coñecida maiormente por ser correspondente estranxeira en zonas de conflito.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade Complutense de Madrid. Tomou como apelido artístico "Rodicio", dunha avoa súa. Colaborou, entre outros medios, en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Nosa Terra, Diario 16, Marie Claire, Vanity Fair, a CNN, a BBC e Televisión Española dende 1989, traballando como correspondente na Unión Soviética, os Balcáns, Oriente Medio e Afganistán.[2]

É pública a súa inimizade co seu colega de profesión Arturo Pérez Reverte.[3]

No ano 2003 foi despedida de Televisión Española por irregularidades económicas na corresponsalía de Xerusalén.[4] Un xuízo posterior delarou o despido improcedente e condeou ao ente público a readmitila ou indemnizala.[5]

No persoal, estivo relacionada con Carlos García Revenga, secretario das infantas Elena e Cristina de Borbón.[6]

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Internacional da RAI, 1991, pola súas crónicas do Golfo Pérsico.[11]
  • Premio Cirilo Rodríguez da Asociación de la Prensa de Segovia en 1992 como parte do equipo de correspondentes de Televisión Española na Guerra de Iugoslavia.[12]
  • Premio Víctor de la Serna da Asociación da Prensa de Madrid en 1994.[13]
  • Premio ¡Bravo! de televisión da Conferencia Episcopal Española no 2001.[14]
  • Premio Galicia en Feminino en 2002 pola súa campaña contra a discriminación das mulleres.
  • Premio Maria Grazia Cutuli no ano 2011.[15]
  • Medalla de ouro Ricardo Ortega da ONU en 2015 polo guión da reportaxe Exodo en el Dorado, sobre refuxiados colombianos, emitido por Informe semanal.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «La otra verdad de la periodista» El Mundo, 11/1/2004 (en castelán).
  2. «El equipo» Informe Semanal, 2/3/2010 (en castelán).
  3. Villena, Miguel Ángel (1998) Españoles en Los Balcanes: Misiones Civiles y Militares en la Antigua Yugoslavia ISBN 84-8319-034-6.
  4. Ángela Rodicio: «Urdaci me compelió a firmar un documento en inglés, sin tiempo para leerlo, y me dijo que estaba cesada» ABC, 27/12/2003.
  5. «El juez declara improcedente el despido de Ángela Rodicio» Arquivado 08/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 9/7/2004.
  6. «El centinela de las infantas», Las Provincias, 4/2/2013 (en castelán).
  7. Imaxe da cuberta de: La Guerra sin frentes
  8. Imaxe da cuberta de: Acabar con el personaje
  9. «Donde el paraíso» La Opinión Coruña, 29/7/2012 (en castelán).
  10. Dulcinium. El amor perdido de Cervantes, na páxina da editorial
  11. «Angela Rodicio, premio de la RAI por sus crónicas sobre el Golfo», El País, 7/8/1991.
  12. «El equipo de TVE en el conflicto yugoslavo, premio Cirilo Rodríguez» El País, 31/5/1993.
  13. «Palmarés del Premio APM al Mejor Periodista del Año» Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. APM (en castelán)
  14. «Premios de la Conferencia Episcopal a periodistas y comunicadores» Zenit, el mundo visto desde Roma, 31/5/2001.
  15. «Ángela Rodicio premio internacional de xornalismo Maria Grazia Cutuli» Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
  16. «Announcing the Winners of the 2015 UNCA Awards» United Nations Correspondents Association (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]