Correspondente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Howard Russell (18201907) é considerado un dos primeiros correspondentes de guerra. Pasou 22 meses informando sobre a guerra de Crimea. A imaxe é de 1854.

Un correspondente é un xornalista que informa para un medio de comunicación dende o lugar dos feitos.[1]

A finais do século XVIII os correspondentes de The Times, eran axentes a ambos os dous lados da Canle da Mancha que entregaban escritos sobre o que estaba a suceder en París e Bruxelas. Dominar idiomas era un dos requisitos básicos.[2] O custo e a dificultade nas transmisións foron os principais problemas dos correspondentes nos medios nos que traballaban no XVIII, e as mesmas que arrastraron até principios do século XIX.[3] Os correspondentes de guerra son os xornalistas máis perseguidos. A maioría dos xornalistas que son encarcerados ou asasinados no curso do seu traballo pertencen a este grupo.[3] Por ese motivo foi creado Reporteiros sen Fronteiras.

Coa crise económica occidental iniciada na primeira década do século XXI e o crecemento de Internet, a existencia de correspondentes comezou a verse en perigo,[4] e varios medios prescindiron do seu traballo. Os correspondentes sosteñen que son "os ollos da historia"[5] e que o punto de vista que pode ofrecer un correspondente é insubstituíble doutro xeito e que prescindir dela empobrece os medios.[4]

Algúns correspondentes destacados, segundo a xornalista Cecilia Ballesteros, foron Manuel Chaves Nogales, Eugeni Xammar i Puigventós, Francisco Eguiagaray, Manu Leguineche, Robert Capa, Donald McCullin, William Howard Russell, Ernie Pyle ou Ryszard Kapuściński.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario; correspondente". Real Academia Galega; DRAG. Consultado o 2023-01-09. 
  2. Moreno Martín 1992, p. 87.
  3. 3,0 3,1 Moreno Martín 1992, p. 88.
  4. 4,0 4,1 Benavente, Jordi (setembro de 2012). "Corresponsals". Capçalera (157): 14-19. Consultado o 7 de xullo de 2014. 
  5. 5,0 5,1 Varios Autores (18 de outubro de 2012). Queremos saber (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial. ISBN 978-84-9992-240-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]