Helena de Borbón e Grecia
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Elena María Isabel Dominica de Silos de Borbón y Grecia 20 de decembro de 1963 Madrid, España |
| Residencia | Madrid |
| Relixión | Cristianismo e católico romano |
| Educación | Universidade Pontificia Comillas - ciencias da educación (–1993) Universidade de Exeter - socioloxía, ciencias da educación (1987–1990) St Mary's School (en) |
| Altura | 1,78 m |
| Lateralidade | manicho |
| Cor dos ollos | Verde |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Deporte | deporte ecuestre esquí |
| Outro | |
| Título | Ducado de Lugo (1995–) Infante de España (1963–2014) Duquesa |
| Familia | Casa de Borbón-Anjou |
| Cónxuxe | Jaime de Marichalar (1995–2010) |
| Fillos | Felipe de Marichalar e Borbón, Victoria de Marichalar e Borbón |
| Pais | Xoán Carlos I de España |
| Irmáns | Filipe de Borbón e Grecia Cristina de Borbón e Grecia |
| Cronoloxía | |
| 2003 | aborto espontáneo |
| bautismo (Palacio da Zarzuela) | |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide |
Elena María Isabel Dominica de Silos de Borbón y Grecia, nada en Madrid o 20 de decembro de 1963, é a infanta de España e duquesa de Lugo, é a filla máis vella dos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía, e irmá do rei Filipe VI. É a terceira na liña de sucesión despois das súas sobriñas Lionor de Borbón e Sofía de Borbón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en maxisterio infantil con especialización en inglés pero non exerce. É presidenta de honor do Comité Paralímico Español[1] asistindo aos Xogos Paralímpicos de Barcelona, Atlanta ou Sidney. É unha gran afeccionada á equitación e aos deportes de inverno, que practica habitualmente.
En 1995 casou na catedral de Sevilla con Jaime de Marichalar, recibindo do seu pai o título de duquesa de Lugo[2]. Ten dous fillos: Felipe Juan Froilán de Todos los Santos, Grande de España (que recibiu o nome de Froilán polo santo lugués), e Victoria Federica de Todos los Santos, Grande de España. O 13 de novembro de 2007, a Casa Real anunciou a "suspensión temporal da súa convivencia matrimonial" co Duque de Lugo.[3]
A infanta Elena comprou en 2007 Global Cinoscéfalos, unha sociedade limitada por un capital de 3.600 €, o seu obxectivo era de tipo social e dedicábase ao asesoramento en materia económica. En xullo de 2008 a Casa Real anunciou que a infanta tiña un contrato coa Fundación MAPFRE e que sería a encargada de dirixir a área de acción social.
Ascendencia
[editar | editar a fonte]| Predecesor: non houbo (título novo) |
Duquesa de Lugo 1995 - actualidade |
Sucesor: non hai (título non herdable) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Infanta Elena despide á delegación paralímpica na súa partida cara Pequín
- ↑ Real Decreto de 3 de marzo de 1995, polo que se concede, con carácter vitalicio, a facultade de usar o título de Duquesa de Lugo á Súa Alteza Real a Infanta Dona Elena (BOE nº 54, de 4-3-1995, páxina 7477). (en castelán)
- ↑ A infanta Elena sepárase.