Ácido dotriacontanoico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ácido dotriacontílico»)
Ácido dotriacontanoico
Identificadores
Número CAS 3625-52-3
PubChem 19255
ChemSpider 18168
ChEBI CHEBI:76215
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C32H64O2
Masa molecular 480,85 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido dotriacontanoico ou ácido laceroico[1] é un ácido graxo de cadea liñal saturado con 32 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
32
H
64
O
2
, simbolizado como C32:0.

O ácido dotriacontanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 96,2 °C. É soluble en cloroformo, en acetona quente e benceno quente.[2] O seu nome común de ácido laceroico, provén de que foi illado da laca animal,[3] unha secreción resinosa de cor escarlata que producen un gran número de especies de insectos, como os dos xéneros Metatachardia, Laccifer, Tachordiella, Austrotacharidia, Afrotachardina e Tachardina ou dentro da familia Coccoidea. Atopouse tamén nalgunhas plantas, como Anagallis arvensis.[4]

Fontes e derivados[editar | editar a fonte]

O ácido dotriacontanoico pode obterse da saponificación do laceril laceroato ou por oxidación do lacerol e purificación do produto.[5] Ou pode illarse da cera de laca.[6]

O seu derivado etil laceroato pode obterse como un sólido cristalino (forma placas rómbicas, que funden a 76 °C) pola acción do gas HCl sobre o ácido dotriacontanoico ou laceroico en alcohol absoluto fervendo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CHEBI Lacceroic acid
  2. LipidBank - Fatty acid (DFA0032) Arquivado 20 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.. [Consulta: 19 de febrero 2018].
  3. Markley, K.S. Fatty Acids. Interscience Publishers, 1960.
  4. Middleditch, B. S. Kuwaiti Plants: Distribution, Traditional Medicine, Pytochemistry, Pharmacology and Economic Value. Elsevier, 2012-12-02. ISBN 0444598499.
  5. 5,0 5,1 "Chemical Abstracts". Chemical Abstracts (American Chemical Society) 16 (1): 50. 1922-01-10. Consultado o 2010-05-10. 
  6. Markley, Klare (1960). Fatty acids: Their chemistry, properties, production, and uses. Part 1. (2nd ed.). New York: Interscience. pp. 48. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]