Zona especial de conservación do Río Ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°31′54″N 7°25′18″O / 43.531800, -7.421700

Río Ouro
Ría de Fazouro.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 108 ha. (31 % de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Alfoz, Foz, Valadouro
Ríos: río Ouro
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O río Ouro é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a case todo o treito do río Ouro e ao seu esteiro na ría de Fazouro. Esta área de conservación ocupa 109 ha. dos concellos de Alfoz, Foz e Valadouro.[1][2][3][4][5] Destaca pola ter poboación de salmón e unha flora de augas de ribeira ben conservada.[5]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

No río de Ouro destacan os hábitats costeiros e a súa diversidade na vexetación propia desas condicións de salinidade. Así mesmo a flora asociada ás dunas da ría e os queirogais costeiros de Erica vagans.[4]

Fauna[editar | editar a fonte]

As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Petromyzon marinus
Peixes Salmo salar
Anfíbios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Réptiles Lacerta monticola
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

O río Ouro foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120013 Río Ouro". Consultado o 24/8/2019. 
  5. 5,0 5,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ZEC ES1120013 Río Ouro". Consultado o 24/8/2019.