Yolanda López López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYolanda López López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: yoli.lopez.391 Twitter: ovariosperfidos Instagram: yoli_lopez391 Editar o valor em Wikidata

Yolanda López López, nada en Ourense o 13 de abril de 1976, é unha escritora, pintora e tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É funcionaria de carreira na administración de xustiza.[1] Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnica Superior en Turismo, obtivo o Diploma en Estudos Avanzados (DEA) e publicou a tesiña sobre a escritora norteamericana sureña Eudora Welty. Traballou como bolseira no Centro Ramón Piñeiro,[2] en universidades galegas e do estranxeiro como Santiago de Compostela, A Coruña, Madrid, Castela-A Mancha, Swansea, Virxinia, Mississippi e Birmingham, e foi docente no ensino medio e universitario. Estudou pintura na Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense e no Centro Dotacional Integrado de Arganzuela de Madrid. Participou en exposicións individuais e colectivas en lugares emblemáticos como o Museo Euxenio Granell, a Sala Novais ou o Café Macondo. Ilustrou libros en diversas editoriais como Alvarellos, Follas Novas, Lastura ou Nuevos Ekkos. La Palabra Inquieta.

Colaborou en xornais e medios diversos con artigos de opinión e de investigación, recensións, poemas e relatos: Boletín Galego de Literatura, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, La Región, La Voz de Galicia, Dorna, Madrygal. Revista de estudios gallegos, Revista Inviable, Alicerces. Revista de estudos sobre o Miño Medio, ABEI JOURNAL. The Brazilian Journal of Irish Studies, Nós, a xente do redor, YUKALI. Página literaria, Xistral, Saudade, Lúa Nova, A Xanela, Thaumazein, Estadea, La Oca Loca, Olga, Aschel, Poesía Galicia SAF, EuOnca, Caminante ou Infumable Fanzine.

Obra[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Verdugos impolutos, 2005, Fundación Amigos de Galicia, Concello de Rábade.[3][4]
  • Obertura sen heroe, 2006, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións.[5]
  • Moralla, 2013, Libros do Loureiro, Follas Novas Edicións.[6]
  • Tántalo, 2014, Concello de Negreira e Xunta de Galicia.[7]
  • Paisaxes soterradas / Paisajes subterráneos. Plaquette bilingüe. Carmina in minima re / Digital Work, 2015.[8]
  • A secuestradora de océanos, 2019. Urutau Editora.[9]

Tradución[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • As aforas do soño, 2005, Casa da Gramática.
  • ArtNatura. Xunta de Galicia e ADEGA, 2005.
  • Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
  • Niveis de competencia en lingua galega, Xunta de Galicia. 2006.
  • Benvidas. Poetas tamiles e galegas, 2007, Implicadas no desenvolvemento, Galaxia.
  • Uxío Novoneyra. A emoción da terra, 2007, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • XVII Premios literarios Manuel Oreste Rodríguez López. Concello de Paradela e Xunta de Galicia. 2012.
  • Filografias, Lastura, 2013.
  • Alén do silencio, Abooks, Lugo, 2014.
  • Angrois, Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Valencia, Xacobeo, 2014.
  • O soño galego de Julio Cortázar, (Coordinación de Francisco Fernández Naval), Linteo, 2014.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Fisterras, Lastura, 2015.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
  • Calpurnias. Mulleres poetas ourensás (Coordinación de Yolanda López). Editorial Cuestión de Belleza, 2019.
  • Un xardín de medio lado. 17 poetas da urutau na galiza. Antoloxía. Urutau Editora, 2019.
  • Certame de poesía Rosalía de Castro (1997 - 2018). Coordinación de Xulio Couxil. ACG Rosalía de Castro e Xunta de Galicia, 2019.
  • Quem dera o sangue fosse só o da menstruacao. Volume II. Coordinación de Debora Ribeiro Rendelli. Urutau Editora, Brasil, 2020.
  • Ara do mar. Poesía a Fisterra. (Coordinación de Alexandre Nerium, edición multilingüe). Editorial Eneida, 2021.
  • Unha vida entre libros. Cincuentenario da librería Follas Novas (1971-2021). Sara Juanes Silva, Follas Novas, Santiago de Compostela, 2022.
  • Aquén do mar. Cantos de serea na luz da fin da terra. (Coordinación de Alexandre Nerium). Chan da Pólvora Editora, Colección Cova da Lontra 7, 2023.

En castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Grietas. Visión libros, 2012.
  • Temblor fiero. Lastura, 2013.
  • Con el tambor del viento. Huerga & Fierro, 2015.

Outros xéneros[editar | editar a fonte]

  • Madrid habita en mi memoria. Nuevos Ekkos Editora, Colección La Palabra inquieta, 2020.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Poekas. De Vallecas al verso. Editorial Lastura, 2014.
  • Antología I Concurso de poesía "Por amor a la poesía". Letras con Arte, 2014
  • ¿Vienes o vas? Poesías, relatos y palabras que viajan en nuestros equipajes. Fundación Cepaim, 2014.
  • Surcos. Para que no te olvides del poema. Editorial Lastura, Colección Poekas, 2016.
  • Poetas en Vallecas. Ayuntamiento de Madrid, Distrito Puente de Vallecas, 2017.
  • Bety Cariño. Coordinación de Xabier Susperregi. Calameo, Biblioteca de las Grandes Naciones, 2017.
  • Bécquer ante el tercer milenio. Antología. Arte ahora. Academia Latinoamericana de Literatura Moderna y Programa Editorial Sagitario, 2020.
  • Antología Homenaje a Frida Kahlo. VII Festival Internacional Arte Ahora. Academia Española de Literatura Moderna, 2021.
  • El mejor poema del mundo, 2022. Premio Internacional de Poesía Jovellanos. Ediciones Nobel, 2022.
  • IV Certamen de Poesía Aliar 2022. Antología Poética. Aliar Ediciones, Granada, 2023.
  • Antología Encuentros y luces. III Certamen literario de relato y poesía. Encinas Reales Redes, Córdoba, 2023.
  • El mejor poema del mundo, 2023. Premio Internacional de Poesía Jovellanos. Ediciones Nobel, 2023.
  • ¡Grita!. Antología Internacional de Artistas contra la Violencia hacia la Mujer. Colección Grito de Mujer N°9. Editorial Rosado Fucsia, República Dominicana, 2023.

En inglés[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • "André Lefevere: Translation, Rewriting and the Manipulation of Literary Fame". Boletín Galego de Literatura, USC, 2003.
  • Weaving the Threads of Identity: Eudora Welty's Fiction. USC, 2003.
  • The Modern Individual in Eudora Welty’s A Curtain of Green and Other Stories: Stumbling into the Maze of a Dehumanizing Society. UDC, 2004.
  • "Fighting the Dragon in a Labyrinth of Shadows: The Individual and the Community in Eudora Welty’s The Golden Apples". Revista de Estudios de Filología Moderna de la Universidad de Castilla la Mancha, 2004.

Ilustracións[editar | editar a fonte]

  • Verdugos impolutos. Yolanda López. Concello de Rábade. 2005
  • Dúbidas de María. Xurxo Sierra Veloso. II Certame de relato de muller Matilde Bares. Concello de Bueu. 2007
  • Obertura sen heroe. Yolanda López. Follas Novas Edicións. 2006
  • Moralla. Yolanda López. Follas Novas Edicións, 2013.
  • Temblor fiero. Yolanda López. Madrid: Editorial Lastura, 2013.
  • A secuestradora de océanos. Yolanda López. Urutau Editora, 2019.
  • Madrid habita en mi memoria. Yolanda López. Nuevos Ekkos Editora, Colección La Palabra Inquieta, 2020.
  • Manifesto 25 N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller. Alvarellos Editora, Asociación Cultural Caldaloba, 2021.
  • O camiño das estrelas. El camí dels estels. El camino de las estrellas. (Coordinado por Mila Villanueva et ali). Lastura, Xunta de Galicia, Xacobeo 2021, Centro Galego de Valencia, 2021.
  • Compostela. Mila Villanueva. Edición bilingüe. Colección Concilyarte n°21.Lastura editorial. 2022.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1ª Premio de poesía Suso Vaamonde, O Grelo, Fundación Amigos de Galicia, 2004, polo poemario Verdugos impolutos.
  • 1ª Premio de poesía Aurelio Aguirre de Santiago de Compostela, 2006.
  • 1ª Premio de poesía Antón Tovar de Rairiz de Veiga, Ourense, con Obertura sen heroe, 2006.
  • 2º Premio de poesía Rosalía de Castro de Cornellà, 2006, por Contaminación acústica.
  • Mención de honra do Premio de poesía Manuel-Oreste Rodríguez López de Paradela, 2011.
  • 2º Premio de poesía da Fundación CEPAIM para a solidariedade de Madrid, 2011.
  • 2º Premio de poesía Xosé Neira Vilas da USC, 2012.
  • 2º Premio de poesía Rosalía de Castro de Cornellá, 2012.
  • 1ª Premio de poesía do I Premio Manuel María da Casa de Galicia de Guipúscoa, 2013.
  • Finalista do III Premio de poesía Picapedreros da revista La Oca Loca, 2013.
  • 1ª Premio de poesía do II Certame de poesía Manuel López Ardeiro do Concello de Negreira, 2014.
  • Mención Honorífica Categoría 'Poeta de los sueños' no II Concurso Internacional J.BERNAVIL de Venezuela 2021.
  • Accésit no Premio de Poesía Hernán Esquío da SAF (Sociedad Artística Ferrolana) 2021.
  • Finalista do IX Premio Internacional de Poesía Jovellanos El Mejor Poema del Mundo 2022.
  • Finalista do IV Certame Internacional de Poesía Aliar de Granada 2022.
  • Finalista do III Certame de relato e poesía Encinas Reales de Córdoba 2022.
  • Finalista do X Premio Internacional de Poesía Jovellanos El Mejor Poema del Mundo 2023.
  • Finalista do XII Certame Nacional de Poesía ASEAPO 2023.
  • 2° Premio do VI Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz de Riotorto e Meira 2023.
  • Mención de Honra do I Certame Internacional de Poesía Natalio Valbuena Parra de México 2023.
  • Finalista do 22º Certame Internacional de Poesía da Editorial Mis Escritos da Arxentina 2023.
  • Terceiro Premio do XXII Certame de Poesía 'La Mujer' da Asociación de Mulleres 'Luna' de Frías (Burgos) 2024.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yolanda López López". Lastura Ediciones (en castelán). 2016-01-15. Consultado o 22 de agosto de 2019. 
  2. "Yolanda López: «A miña escritura é moi visual, dalgún xeito pinto poesía, e iso xa mo teñen dito»". ABC. 26 de decembro de 2006. Consultado o 22 de agosto de 2019. 
  3. "Yolanda López López.Obra". AELG. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2012. 
  4. "Centro de Documentación da AELG". www.aelg.gal. Consultado o 2019-08-22. 
  5. Gallego, Grupo El Correo. "Unha crítica do ser humano". www.galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 2019-08-22.  Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  6. Nicolás, Ramón (2013-12-18). "Manuscritos: Yolanda López López". Caderno da crítica. Consultado o 2019-08-22. 
  7. "A escritora ourensá, residente en Madrid, Yolanda López fálanos de "Tántalo" o seu último libro de poemas. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-08-22. 
  8. "Carmina in minima re: 53. Yolanda López López". Carmina in minima re. Consultado o 2019-08-22. 
  9. Nicolás, Ramón (2019-08-21). "A secuestradora de océanos, de Yolanda López". Caderno da crítica. Consultado o 2019-08-22. 
  10. "Retrato dunha rapaza en cristal". yumpu.com. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]