Tennessee Williams
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Lanier Williams III, máis coñecido como Tennessee Williams, nado o 26 de marzo de 1911 en Columbus, Mississippi e finado o 25 de febreiro de 1983 en Nova York, foi un destacado dramaturgo estadounidense.
Traxectoria [editar]
En 1948 gañou o Premio Pulitzer de teatro por A Streetcar named Desire, e en 1955 por Cat on a Hot Tin Roof. Ademais destas dúas obras recibiron o premio da Crítica Teatral de Nova York outras dúas obras súas.
Os críticos do xénero sosteñen que Williams escribía en estilo gótico sureño. É coñecido mundialmente porque moitas das súas obras foron filmadas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Tennessee Williams na IMDb (en inglés).