Xoán Afonso de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán Afonso de Borgoña, nado en Sevilla cara a 1264 e finado en Pinos Puente (reino de Granada) o 25 de xuño de 1319, foi un nobre castelán, Infante de Castela, fillo de Afonso X o Sabio e da raíña Violante de Aragón e Hungría.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado titor do seu sobriño Fernando IV o Emprazado despois da morte do seu irmán, Sancho IV o Bravo. Posteriormente, en 1312, tras a morte de Fernando IV, foi nomeado titor de Afonso XI o Xusticieiro. Señor de Valencia de Campos e señor consorte de Biscaia polo seu matrimonio con María Díaz de Haro. Foi ademais señor de Baena, Luque, Zuheros, Lozoya, Villalón, Oropesa, Santiago de la Puebla, Melgar de Arriba, Paredes de Nava, Medina de Rioseco e Castronuño, ademais de ser alférez do rei durante os períodos comprendidos entre 1277-1278 e 1283-1284. Morreu no Desastre de la Vega de Granada, acaecido o 25 de xuño de 1319.


Xoán Afonso de Borgoña
Nacemento: 1264 Falecemento: 25 de Xuño 1319


Títulos Reais
Precedido por
Fernando IV


Rei de Galicia
1296–1300
Sucedido  por
Fernando IV
Rei de León
1296–1300
Rei de Sevilla
1296–1300