Xián (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xián de Anazarbus, mártir cristián do século IV e venerado como santo.

Xián[1] (pronunciado /ʃi'aŋ/) é un nome propio masculino galego de orixe latina. Conta coas variedades Xiao (dialectal) e Xulián. O feminino é Xiana coa variante Xuliana. Relaciónase co nome Xulio (Xulia).

O santoral é o 9 de xaneiro, en honra a San Xián de Antince (ca. †304), mártir xunto á súa dona Basilisa.

Actualmente 652 varóns levan o nome galego Xián en España, deles 571 en Galiza, maiormente nas provincias da Coruña e Pontevedra. A idade media é de soamente 8 anos, xa que antes soía usarse o castelán Julián. A variante dialectal Xiao lévana 47 varóns [2], maioritariamente en Galiza. A forma Xulián 40 varóns. A forma castelá Julián non é moi popular en Galiza, pero lévana 1385 varóns.

A forma feminina Xiana é aínda máis abundante; lévana 1038 mulleres en España, 927 en Galiza.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Xián provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio. exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar).

Seica este nome teña moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexo, vizoso, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "o do cabelo encaracolado".

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Outros:

  • Jolyon
  • Julijan
  • Juliyan
  • Julien
  • Julyan
  • Juleane
  • Julean
  • Juliaan
  • Julianne
  • Julion
  • Julyin
  • Julyon
  • Julienn
  • Julienne
  • Jullien
  • Jullin
  • Julyen
  • Jülyen
  • Jullian
  • Ιουλιανός (Iulianos, Ioulianos)
  • Juljan
  • Iulian
  • Iulică
  • Turiano
  • Lulo
  • Juli
  • Gabelica

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Galegos[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

  • Xuliano (Flavio Claudio Xuliano), nado no ano 331, foi un emperador romano.
  • Anicia Xuliana, Constantinopla, 462, filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.

Santos[editar | editar a fonte]

Nobres[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xi%E1n&tipo_busca=lema
  2. Hai tamén 119 cidadáns chineses que teñen por nome Xiao, pero non se corresponde coa variante galega Xiao, senón co nome chinés Xiao

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]