Anicia Xuliana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anicia Xuliana

Anicia Xuliana, nada en Constantinopla no 462 e finada na mesma cidade no 528, foi a única filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Constantinopla no 462. Súa nai Placidia era filla do augusto Valentiniano III, emperador de Occidente desde 423 até 455.

No 478, o augusto Zenón, emperador de Oriente, propuxo o seu matrimonio con Teodorico, rei dos ostrogodos, para restaurar o Imperio Romano de Occidente e desta forma contar co apoio dos patricios que aínda quedaban en Italia, para lograr a incorporación desta provincia gobernada desde 476 por Odoacro, por medio dunha expedición comandada polo rei ostrogodo. Xuliana rechazou este proxecto e casou con Flavio Areobindo, do que tivo un fillo, Flavio Anicio, que foi cónsul de Constantinopla no 491.

Ela aspirou a ser augusta no 518, reclamando que seu fillo foise coroado emperador de Oriente, tanto polos seus dereitos dinásticos, xa que era o último representante das dinastías de Valentiniano e Teodosio, como polo seu matrimonio con Irene, filla do augusto Anastasio, emperador de Oriente desde 491 até 518.

Ordenou construir unha basílica dedicada a San Polieucto, que foi a máis grande de toda a cristiandade até a construción de Santa Sofía. Estaba situada no centro da cidade de Constantinopla, a metade do camiño entre o palacio imperial e a basílica dos Santos Apóstolos, mausoleo dos emperadores de Oriente, construído polo augusto Constantino I, fundador da cidade.

O friso conmemorativo da fundación especifica que os mosaicos do adro estaban dedicados á figura de Constantino e expresa que o propósito de Xuliana ao construir este templo era honrar a fe deste emperador e a do seu tataravó Teodosio I, os primeiros emperadores cristiáns.

Desta forma demostraba o seu poder económico e o seu prestixio social, como descendente dos antigos emperadores romanos, eclipsando o templo dos Santos Serxio e Baco, edificado cerca do palacio imperial por Teodora e Xustiniano I.

Mandou construir tamén un templo dedicado a Santa María Theotokos, mai de Deus, en Chrisóspolis, hoxe Skudari, suburbio asiático de Constantinopla. Reparou a igrexa de Santa Eufemia, construída pola súa avoa, a augusta Eudoxia, e polo seu pai, o augusto Anicio Olibrio.

Morreu en Constantinopla no 528. Era parenta de Anicio Manlio Torcuato Severino Boecio.

Un busto marmóreo, que actualmente podemos encontrar no Metropolitan Museum of Art, en Nova York, foi identificado como o seu retrato. Representa unha dama patricia, é de principios do século VI e procede de Constantinopla. Posiblemente se encontraba no adro de San Polieucto, xunto a outra estatua cuxa cabeza se encontra no Musée Saint-Raymond de Toulouse e que representaría a súa nai Placidia.