Xavier Rodríguez Barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXavier Rodríguez Barrio
Biografía
Nacemento1954[1]
Lugo, Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDereito, Tradución e interpretación, Linguaxe xurídica e administrativa
Actividade
OcupaciónFuncionario Tradutor e Coordinador de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo
Xénero artísticoPoesía, narrativa, ensaio e tradución
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 437

Xavier Rodríguez Barrio, nado en Lugo en 1954, é un poeta, tradutor, narrador e ensaísta galego, pertencente á Xeración Poética dos 80.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou estudos de Dereito en Santiago e posteriormente graduouse en Tradución e Interpretación especializándose en linguaxe xurídica e administrativa. Dende finais dos 80 é funcionario tradutor e coordinador de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo.

Cultivou ocasionalmente o ensaio e a narración, pero é sobre todo poeta. Deuse a coñecer con poemarios como Pranto irmán (1973), Verbas violentas na dor da conciencia (1974), premio de Poesía Guimarães de Portugal en 1973, Pranto para Castelao (1975), Premio de poesía Castelao de Ourense, Galiza, ano cero, Premio Medalla de Ouro da Fundación Rosalía de Castro (Vilagarcía de Arousa, 1975).

Posteriormente integrouse no grupo poético Cravo Fondo, iniciando unha segunda época creativa caracterizada por un maior e fondo alento épico, con títulos como Antífona da redención (1977) que recolle maioritariamente poemas que xa foran publicados entre 1973 e 1975 no suplemento literario Táboa Redonda que dirixía Ánxel Fole; este libro foi Premio Galicia en 1977 e finalista do Premio da Crítica Española. Posteriormente Rodríguez Barrio publica na editorial Akal de Madrid o libro Herdo e alucinación en Fisterra (1981).

Acada a súa madurez expresiva co poemario Os laberintos da xerfa (1985) co que obtivo o Premio Celso Emilio Ferreiro de Vigo en 1984, con prólogo de Manuel Cuña Novás e ilustracións de Reimundo Patiño. Seguiron outros títulos como Os aposentos silenciados (1987), que foi accésit do Premio Esquío en 1986; Celebración do gozo (1989, Premio Esquío) e Alba no muro (1990, Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón).

En 1992 publica o libro Antiga claridade co que gañou, na súa primeira edición, o Premio Martín Codax (1992) e obtivo o Premio da Crítica Española en 1993. Foi finalista en dúas ocasións do Premio Nacional de Poesía (Madrid, 1990 e 1993).

Tamén en 1992 publica a antoloxía Torre para os días que reúne o ciclo que confoma a edición revisada de tres dos seus libros e un mangado de poemas inéditos así como un CD cunha selección de poemas recitados na voz do autor.

Tres anos despois recibe o Premio de poesía Cidade de Betanzos polo poemario Colección de oráculos (1995).

En 1994 crea, xunto co músico Luciano Pérez, o primeiro proxecto poético-musical O son da Poesía co que deu recitais en Galiza, Portugal, Barcelona e Madrid, con textos de escritores galegos clásicos e contemporáneos.

Despois dun delongado e meditado silencio editorial, obtén o XXVII Premio de poesía Cidade de Ourense co libro de poemas Calado testamento (2011), que é distinguido, ademais, co Premio Fervenzas Literarias, da USC, ao mellor libro galego do ano 2012, no apartado de poesía.

En 2014 publica o poemario Fulguración e silencio, (Ed. Centrad-DPL, 2014), un libro unitario, cunha linguaxe poética depuradísima, dedicado ao poeta Xosé María Díaz Castro, co que mantivo amizade nos anos en que este regresou definitivamente a Galicia.

A súa obra poética figura en diversas antoloxías galegas, españolas e na brasileira Antología de poesía galega de Yara Frateschi Vieira (Universidade de Campinas, 1996). Poemas seus están traducidos ao español, catalán, éuscaro, francés, inglés e ruso.

Como narrador publicou, entre outros, Chegaron as chuvias que foi Premio Pedrón de Ouro en 1976, así como os relatos Último soño escuro (Publicacións DPL, 1996).

No campo da narrativa infantil é autor dos títulos A estrela e a flor (1975) e As mapoulas e o vagalume (1984), ambos os dous premiados no Concurso nacional de contos infantís O Facho (A Coruña).

Como ensaísta editou en 1998 o libro Trobar sobre a poesía medieval galega; A pintura ultravisual de Reimundo Patiño (Ed. C.C. Conde Duque, Madrid, 1986); e obtivo o Premio de Ensaio Letras Galegas da Universidade de Santiago, en 1974, polo seu estudo sobre a vida e obra do escritor e filósofo galego Johán Vicente Viqueira.

É autor con Darío Xohán Cabana da antoloxía O mundo de Fiz: Escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño (Citania de Publicacións, 1995).

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Pranto irmán, (Ed. Celta, 1973).
  • Verbas violentas na dor de conciencia, (Artes e Letras, 1973; e Ed. Celta, 1974).
  • Antífona da Redención, (Alvarellos, 1977).
  • Herdo e alucinación en Fisterra, (Ed. Akal, 1981).
  • Os laberintos da xerfa, (Galaxia, 1985).
  • Os aposentos silenciados, (Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1987).[2]
  • Celebración do gozo, (Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1989).
  • Alba no muro, (Dodro, 1990).[3]
  • Torre para os días, (Ed. Sons Galiza, 1992).
  • Antiga claridade, (Galaxia, 1992).
  • Colección de oráculos, (Xogos Florais, Betanzos, 1995).
  • Calado testamento, (Ed. Espiral Maior, 2012).
  • Fulguración e silencio, (Ed. Centrad-DPL, 2014).
  • Entre o clamor e a saudade, (Ophiusa, 2015).

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Cravo fondo (Follas Novas, 1977).
  • A fundición e outras narracions (Ediciós do Castro, 1977).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (Sotelo Blanco, 1984).
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (Concello de Lugo, 1986).
  • Un paso de poesía. Antoloxía de Poesía galega (1961-1975). (Escolma e biografías), de Darío Xohán Cabana (Ophiusa, 1993).
  • 50 anos de poesía. A Xeración dos 80, de Carlos L. Bernárdez, (Ed. Penta, A Coruña, 1994).
  • Papeis de barba - Cartafol poético para Manuel María (Lugo, 1995).
  • Antología de poesía galega, de Yara Frateschi Vieira (Universidade de Campinas, Brasil, 1996).
  • Contos no Camiño (Deputación de Lugo, 1996).
  • Cara ó Miño - Plataforma pola Defensa do Miño, (Lugo, 1996).
  • Cartafol poético para José Hierro (Sociedade de Cultura Valle-Inclán, Ferrol, 1999).
  • Libro-Homenaxe a Novoneyra (Santiago de Compostela, 1999).
  • Río de son e vento: Antoloxía de poesía galega, de César Morán, (Xerais, 1999).
  • A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia, 2001).
  • Libro de Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (La Voz de Galicia, 2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
  • Poetas en Lugo (Edición de Darío Xohán Cabana, Concello de Lugo, 2007).
  • Poesía viva. Pura poesía (Sociedade de Cultura Valle-Inclán, Ferrol, 2008).
  • Das cousas de Xoán Balboa, (Libro exposición antolóxica), (Museo Provincial, Lugo, 2013).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha do autor en Editorial Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  2. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  3. Biografía de Xavier Rodríguez Barrio
  4. "Premios Fervenzas Literarias para Os mellores libros do 2012". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]