Vea cava superior
| Vea cava superior | ||
|---|---|---|
| Vea cava superior (na parte superior) | ||
| Veas | ||
| Latín | vena cava superior (TA) | |
| Sitio(s) drenado(s) | cabeza pescozo membros superiores tórax (excepto pulmóns e corazón) |
|
| Orixe | vea braquiocefálica dereita vea braquiocefálica esquerda |
|
| Drena en | aurícula dereita | |
| Precursor | common cardinal veins | |
| MeSH | A07.231.908.949.815 | |
A vea cava superior é unha vea humana curta, pero moi grosa. Fórmase pola unión dos troncos braquiocefálicos venosos esquerdo e dereito. O seu traxecto é curto e pronto chega ao corazón, máis concretamente á aurícula dereita. Porta o sangue do pescozo, cabeza e membros superiores, que provén dos troncos braquiocefálicos e das súas tributarias. Ademais de recibir o sangue das zonas superiores, recibe o sangue da vea ácigos, que recolle o sangue do hemitórax esquerdo. Esta vea ten a particularidade de facer un arco antes de desembocar na cava superior. Tamén pode chegarlle sangue venoso do hemitórax esquerdo, a través da vea hemiácigos. Esta última conexión é inconstante, xa que a hemiácigos pode non aparecer ou pode desembocar noutras veas.
En definitiva, a cava superior recolle o sangue de:
- Veas xugulares internas
- Veas xugulares anteriores
- Veas mamarias internas. A estas chegan as veas xugulares externas
- Veas tiroideas inferiores
- Veas vertebrais
Relacións da cava superior [editar]
- Por diante: Timo en idade infantil e os seus vestixios en idade adulta.
- Por detrás: Arco da vea ácigos e pulmón dereito.
- Por fóra: Pulmón e nervio frénico dereito.
- Por dentro: Aorta ascendente