Spanair
Spanair S.A. foi unha aeroliña española que tivo a súa base no aeroporto de Barcelona. Ata o ano 2009 foi subsidiaria do SAS Group, a mesma compañía á que pertence Scandinavian Airlines. O 25 de xaneiro a aeroliña estaba nunha situación económica complicada e o goberno de Cataluña aprobou un plan de préstamo de 10,5 millóns de euros para intentar salvala. A compñía reducíu custes e os ingresos melloraron, pero o 27 de xaneiro de 2012 cesou todas as súas operacións despois de que non se conseguise chegar a un acordo de rescate con Qatar Airways- Spanair foi membro de Star Alliance dende 2003 ata a súa desaparición.
Índice |
Características [editar]
Operou voos de pasaxeiros entre España e Europa, estendendo as súas operacións ao oeste de África. Realizou tamén vóos charter a todo o mundo para compañías de viaxes. A súa base principal estivo en El Prat de Barcelona, con centros de conexión no aeroporto madrileño de Barajas, e no aeroporto de Son Sant Joan. É membro da alianza de aeroliñas Star Alliance.
Historia [editar]
Spanair fundouse en decembro de 1986 e comezou as súas operacións en marzo de 1988. Foi creada como unha empresa conxunta entre SAS e Viajes Marsans e os seus primeiros servizos foron vóos chartes europeos. Os vóos de longo percorrido aos Estados Unidos, Mexico e a República Dominicana comezaron en 1991, seguidos por vóos domesticos en marzo de 1994. A aeroliña fixo tamén vóos de longo percorrido, co avión Boeing 767-300, a Washington D.C. e Bos Aires a finais dos 90. Spanair uníuse á Star Alliance en 2003. Actualmente os donos da compañía son o SAS Group (94,9%) e o Grupo Marsans (5,1%). Ten 2.535 empregados.
Flota [editar]
En xaneiro do ano 2011 a frota de Spanair estaba formada por 32 avións, cunha idade media de 11,6 anos[1].
| Avión | Total | Pasaxeiros | Notas |
|---|---|---|---|
| Airbus A320-200 | 19 | 156 - 180 | |
| Airbus A321-200 | 5 | 212 | |
| Boeing 717-200 | 1 | ||
| McDonnell Douglas MD-82 | 1 | 120 - 170 | |
| McDonnell Douglas MD-83 | 3 | ||
| McDonnell Douglas MD-87 | 3 |
Notas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||