Air New Zealand
Air New Zealand Limited é a aeroliña nacional de Nova Zelandia. Ten a súa base en Auckland e realiza voos cara 26 detinos domésticos e 24 internacionais en 15 países de Asia, Europa, Oceanía e Norteamérica, e é actualmente a única aeroliña que dá a volta ao mundo[1]. Air New Zealand é membro da alianza de aeroliñas Star Alliance dende o ano 1999.
As rutas de Air New Zealand céntranse en Australasia e o Pacífico Sur, con servizos de longa distancia cara Asia, Europa e [Norteamérica]]. O principal centro de operacións da aeroliña está no aeroporto de Auckland e a súa sede sitúase nun edificio chamado "The Hub", a 20 km do aeroporto.
Air New Zealand orixinouse en 1940 como Tasman Empire Airways Limited (TEAL), unha compañía de hidroavións que realizaba voos entre Nova Zelandia e Australia. TEAL pasou a ser propiedade do goberno neozelandés en 1965 e pasou a chamarse Air New Zealand. No ano 1989 gran parte da compañía foi privatizada, pero a mairía volvería a ser adquirida polo goberno en 2001.
A aeroliña ten unha frota de longa distancia composta por Boeing 747, Boeing 767, Boeing 777 e Airbus A320 para rutas internacionais. A compañía tamén usa unha frota de Airbus A320 e Boeing 737 para operacións de curta distancia. As subsidiarias rexionais de Air New Zealand, Air Nelson, Eagle Airways e Mount Cook Airline realizan servizos domésticos dentro do país.
[editar] Frota
| Avión | Total | Pasaxeiros | Notas |
|---|---|---|---|
| Airbus A320-200 | 15 (11 pedidos) |
168 - 171 | |
| Boeing 737-300 | 14 | 133 | |
| Boeing 747-400 | 4 | 379 | |
| Boeing 767-300ER | 5 | 230 | |
| Boeing 777-200ER | 8 | 304 | |
| Boeing 777-300ER | 5 | 322 | |
| Boeing 787-9 | (8 pedidos) | Primeiro cliente do 787-9 |