Douglas DC-3
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Douglas DC-3 | |
|---|---|
| DC-3 da Forza Aérea Portuguesa | |
| Tipo | pasaxeiros e carga |
| Fabricante | Douglas |
| Primeiro voo | 17 de decembro de 1935 |
| Construídos | 16.079 |
O Douglas DC-3 é un avión que revolucionou o transporte de pasaxeiros nos anos 30 e 40. Foi desenvolvido por un grupo de enxeñeiros encabezados por Arthur E. Raymond e voou por vez primeira en 1935.
O seu desenvolvemento debeuse en parte á competencia que representou a aparición do Boeing 247, un avión con características semellantes, cara a 1933. Porén, as prestacións que ofrecía o Douglas DC-3 fixérono merecedor do lugar que ocupa na historia.