Tippeligaen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tippeligaen
Fundación 1937
Rexión Flag of Norway.svg Noruega
Equipos 16
Actual campión Molde FK
Máis laureado Rosenborg BK (22 títulos)
Sitio web www.fotball.no

A Tippeligaen é a máxima competición de clubs profesionais de fútbol en Noruega.

A liga norueguesa recibiu varias denominacións: Norgesserien (1937-1948), Hovedserien (1948-1962), 1. divisjon (1963-1990) e finalmente, Tippeligaen.

A Tippeligaen é a mellor liga de Escandinavia, segundo a clasificación da UEFA.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

A competición comeza en marzo e termina en novembro. Son 16 os equipos que participan cada ano, enfrontándose todos contra todos en dúas ocasións, cada unha no campo de cada equipo. Unha vitoria nun partido prémiase con tres puntos, e un empate cun.

O campión da Tippeligaen, clasifícase para a segunda fase previa da Liga de Campións da UEFA, e o segundo e terceiro para a UEFA Europa League. O campión da Copa de Noruega tamén se clasifica, ou o subcampión no caso de que o campión xa estea clasificado a devanditas copas. Ademais os catro mellores equipos clasifican a Royal League de Escandinavia.

Equipos participantes 2012[editar | editar a fonte]

Club Cidade
Aalesunds FK Ålesund
SK Brann Bergen
Fredrikstad FK Fredrikstad
FK Haugesund Haugesund
Hønefoss BK Hønefoss
Lillestrøm SK Lillestrøm
Molde FK Molde
Odd Grenland BK Skien
Rosenborg BK Trondheim
Sandnes Ulf Sandnes
Sogndal Fotball Sogndal
Stabæk IF Bærum
Strømsgodset IF Drammen
Tromsø IL Tromsø
Viking FK Stavanger
Vålerenga IF Oslo


Palmarés[editar | editar a fonte]

Club Títulos
Rosenborg BK 22
Fredrikstad FK 9
Viking FK 8
Lillestrøm FK 5
Vålerenga IF 5
Larvik Turn 3
SK Brann 3
FC Lyn Oslo 2
IK Start 2
IF Fram Larvik 1
SK Freidig 1
Moss FK 1
Skeid Football 1
Strømsgodset IF 1
Stabæk IF 1
Molde FK 1


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]