Theo Ratliff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theo Ratliff
Pivote
Información persoal
Nacemento 17 de abril de 1973 (40 anos)
Flag of Alabama.svg Demopolis, Alabama
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 107 kg (235 lb)
Instituto Demopolis
Información da carreira
Universidade Wyoming
NBA Draft 1995 / Rolda: 1 / Elección: 18

Escollido por Detroit Pistons

Carreira dende 1995
Historial de equipos
Detroit Pistons (19952–1997)
Philadelphia 76ers (1997–2001)
Atlanta Hawks (2001–2004)
Portland Trail Blazers (2004–2006)
Boston Celtics (2006–2007)
Minnesota Twolves (2007–2008)
Detroit Pistons (2008)
Philadelphia 76ers (2008–2009)
San Antonio Spurs (2009–2010)
Charlotte Bobcats (2010)
Los Angeles Lakers (2010-2011)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2001)
Información en nba.com

Theophilus Curtis Ratliff, nado o 17 de abril de 1973 en Demopolis, Alabama é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,08 metros e xoga na posición de pivote.

Carreira[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Ratliff xogou ao baloncesto na Universidade de Wyoming, onde foi nomeado no mellor quinteto da Western Athletic Conference na súa última tempada universitaria e en dúas ocasións no quinteto defensivo da WAC. Finalizou a súa carreira nos Cowboys con 425 tapóns, a segunda mellor marca na historia da NCAA detrás dos 453 de Alonzo Mourning, e sendo un do cinco xogadores capaces de terminar o seu periplo universitario taponando 400 ou máis tiros. Ademais, posúe o terceiro mellor media de tapóns nunha tempada con 3,83 por partido por detrás de David Robinson (5.24) e Shaquille O'Neal (4.58). Ratliff finalizou décimo en rebotes e décimo quinto en anotación na historia de Wyoming e foi membro da selección norteamericana que disputou o campionato do mundo sub-22.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado na décimo oitava posición do Draft de 1995 por Detroit Pistons. Na súa primeira campaña na liga, liderou aos Pistons en tapóns con 116 e 1,55 por partido, finalizando o 19º na NBA. Ademais, fixo medias de 4,5 puntos, 4 rebotes e 17,4 minutos de xogo en 75 partidos. Na súa segunda tempada, liderou ao seu equipo en tapóns por segundo ano consecutivo, esta vez facendo 1,46 por noite.

Durante a tempada 1997-98, foi traspasado a Philadelphia 76ers xunto con Aaron McKie e unha primeira rolda de draft condicional por Jerry Stackhouse e Eric Montross. Nos Sixers xogou tres tempadas, chegando a ser elixido para disputar o All-Star Game de 2001, aínda que non puido xogar por lesión. Esa campaña foi a mellor de Ratliff na súa carreira, facendo 12,4 puntos e 8,3 rebotes en 50 partidos e chegando cos 76ers ás Finais da NBA. Antes de playoffs, un lesionado Ratliff foi traspasado a Atlanta Hawks xunto con Toni Kukoč, Nazr Mohammed e Pepe Sánchez por Dikembe Mutombo e Roshown McLeod.

Na tempada 2001-02 só puido xogar tres partidos por lesión, pero ao ano seguinte, xa recuperado, taponou 262 tiros e disputou 81 partidos. O 9 de febreiro de 2004, os Hawks enviárono a Portland Trail Blazers con Shareef Abdur-Rahim e Dan Dickau a cambio de Rasheed Wallace e Wesley Person. Nos Blazers pasou dúas tempadas e media, terminando a tempada 2003-04 cunha media de 3.6 tapóns por partido (4,4 nos 32 encontros que xogou nos Blazers). O 28 de xuño de 2006 volveu ser traspasado esta vez a Boston Celtics co seu compañeiro de equipo Sebastian Telfair e unha segunda rolda do draft de 2008 por Dan Dickau, Raef LaFrentz e os dereitos de Randy Foye.

En verán de 2007 foi traspasado a Minnesota Timberwolves no intercambio que enviaba a Kevin Garnett a Boston Celtics tras doce anos na franquía. Fichou o 4 de marzo de 2008 por Detroit Pistons tras ser cortado previamente polos Timberwolves, o que significaba a súa segunda etapa na franquía de Míchigan. En agosto de 2008 regresa aos Sixers, asinando por un ano e 1,4 millóns de dólares, o mínimo estipulado por convenio para xogadores veteranos.[1] En xullo de 2009 ficha por San Antonio Spurs.[2] e o 18 de febreiro de 2010 foi traspasado a Charlotte Bobcats a cambio dunha segunda rolda protexida do draft de 2016.[3] Ratliff asinou con Los Angeles Lakers un contrato dun ano o 22 de xullo de 2010.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]