Taigete (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Taigete (ou en grego Ταϋγέτη), tamén coñecida coma Xúpiter XX, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2000, e recibiu a designación temporal S/2000 J 9.[1][2][3]

Taigete ten uns 5 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,439 millóns de kms, tarda 686,675 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (163° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,3678. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002[4] , Taigete na mitoloxía grega era unha das Pléiades, filla do Titán Atlas e nai de Lacedemonia (que tamén era filla de Zeus).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IAUC 7555: Satellites of Jupiter 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
  2. MPEC 2001-A29: S/2000 J 7, S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10, S/2000 J 11 15 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)
  3. MPEC 2001-T59: S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10 15 de outubro do 2001 (efemérides revisadas)
  4. IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]