Sukhoi Superjet 100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sukhoi Superjet 100
Superjet-100-95-RA-97003-UUBW.jpg
Tipo comercial
Fabricante Komsomolsk-on-Amur Aircraft Production Association
Deseñado por Sukhoi
Primeiro voo 19 de maio do 2008[1]
Introducido 21 de abril do 2011
Estado en produción, en servizo
Principais usuarios Aeroflot
Produción 2007 - actualidade
Construídos 48

O Sukhoi Superjet 100 é un moderno reactor rexional ruso deseñado pola división civil da compañía Sukhoi, en cooperación con empresas occidentais. O seu desenvolvemento comezou no ano 2000 e realizou o seu primeiro voo o 19 de maio do 2008. O 21 de abril do 2011 o Superjet 100 fixo a súa estrea comercial na ruta da aeroliña Armavia entre Iereván e Moscova.

Deseñado para competir internacionalmente cos seus homólogos Embraer e Bombardier, o Superjet 100 ten uns custes de operación substancialmente máis baixos. Con máis de 300 pedidos asegurados a principios do 2011, o avión é considerado o proxecto máis importante da industria aeronáutica rusa e recibiu un importante apoio do seu goberno.

A montaxe final do aparello está realizada por Komsomolsk-on-Amur Aircraft Production Association, os seus motores SaM-146 están deseñados e fabricados pola empresa ruso-francesa PowerJet.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento do Sukhoi Superjet 100 iniciouse no ano 2000. O 19 de decembro de 2002, Sukhoi Civil Aircraft e Boeing asinaron un acordo de cooperación de termo medio para traballar xuntos no deseño. Consultores de Boeing estiveron aconsellando a Sukhoi na comercialización, deseño, certificación, fabricación, xestión de programas e apoio post-venda durante un ano. O 10 de outubro de 2003 o conselo técnico do proxecto seleccionou aos proveedores dos principas subsistemas. Oficialmente o proxecto pasou á súa terceira etapa de desenvolvemento o 12 de marzo de 2004, significando que Sukhoi xa podería a partir dese momento vender o Superjet 100 aos clientes. O 13 de novembro dese ano o Superjet 100 chegou á súa cuarta etapa, estando xa preparado para comezar a fabricación dos prototipos. En agosto de 2005 asinouse un contrato entre o goberno ruso e Sukhoi, polo cal o Superjet 100 recibiría 7.900 millóns de rublos de financiación para a investigación e o desenvolvemento, baixo un programa federal titulado Desenvolvemento de aviación civil en Rusia en 2005–2009.

Participación internacional[editar | editar a fonte]

Compoñentes Proveedor País de orixe
Tren de aterraxe Messier-Dowty Canada Francia Francia / Canadá Canadá
Tren de aterraxe / Rodas / Freos Messier-Dowty / Goodrich Corporation Estados Unidos Estados Unidos
Motores principais PowerJet Francia Francia / Rusia Rusia
Sistema hidráulico Parker Hannifin / Parker-Ermeto Estados Unidos Estados Unidos / Alemaña Alemaña
Sistemas de control de voo Liebherr Aerospace (Lindenberg im Allgäu) Alemaña Alemaña
Software do sistema Thales Group Francia Francia
Sistemas de cabina / Turbina de gas auxiliar / Aviónica Honeywell / Thales Group Estados Unidos Estados Unidos / Francia Francia
Sistema de extinción de lume Autronics Estados Unidos Estados Unidos
Sistema eléctrico Hamilton Sundstrand Estados Unidos Estados Unidos
Márketing / Consultoría Boeing Estados Unidos Estados Unidos
Participación económica Alenia Aermacchi Italia Italia

[2][3]

Probas de voo[editar | editar a fonte]

O 28 de xaneiro de 2007 o primeiro SSJ foi transportado por un Antonov An-124 dende Komsomolsk-on-Amur ata a cidade de Zhukovsky, preto de Moscova, para as probas en terra no TsAGI. Un representante de Sukhoi anunciou o 13 de novembro dese ano a finalización das probas estáticas necesarias para o primeiro voo. O Superjet foi oficialmente presentado no aeroporto de Komsomolsk-on-Amur o 26 de setembro de 2007[4].

O prototipo do Superjet 100 no seu voo de estrea

En febreiro de 2008 as primeiras probas do motor SaM146 completáronse con éxito[5]. Un Ilyushin Il-76 de banco de probas, operado polo instituto de investigación de voo Gromov, foi usado para testear os motores. O 19 de maio de 2008 realizouse o primeiro voo do Superjet no aeroporto de Dzemgi.

En xullo de 2008 as probas continuaron con éxito. Cara o mes de outubro a primeira etapa do programa de probas de voo rematou exitosamente. O segundo prototipo do SSJ100 comezou a voar en decembro e iniciouse o proceso de certificación. O avión realizou probas estándar de estabilidade e manexo, edemais de probas dos sistemas. Os enxeñeiros e pilotos das probas de voo amosásronse complacidos cos resultados xerais do segundo protipipo.

As primeiras entregas programáranse para finais de 2008, e Sukhoi estimou que 3 unidades de todas as variantes do Superjet 100 estarían en servizo no ano 2016[6]. O 7 de xullo de 2008 Sukhoi confirmou oficialmente que a programación inicial era demasiado optimista e que as primeiras entregas non chegarían ata decembro de 2009.[7][8]

Cara xaneiro de 2009 os dous primeiros avións completaran uns 80 voos, totalizando ao redor de 2.300 horas de probas en terra e aire[9]. O 1 de abril de 2009 dous prototipos do Superjet 100, o 95001 e o 95003, completaron con éxito o seu primeiro voo a longa distanacia, percorrendo 3.000 quilómetros dende Novosibirsk ata Moscova. O 17 de abril pilotos da EASA realizaron as primeiras probas nos dous prototipos. Segundo os informes destes pilotos o avión era doado de voar[10]. O 26 de xullo o terceiro dos catro prototipos, SN95004, comezou a voar[11].

No Paris Air Show 2009, Malév Hungarian Airlines dixo que mercaría 30 Superjets por valor de 1.000 millóns de dólares, proporcionando un pulo positivo ás vendas cando fixo a súa estrea internacional no festival aéreo.

Sukhoi Superjet 100 durante as probas de voo

Cara xuño de 2009 estaban en fabricación 13 unidades, e os catro primeiros agardábase entregalos aos seus compradores cara finais de 2010. Despois de 2012 a compañía construiría 70 Superjets por ano. A aeroliña armenia Armavia recibiría os dous primeiros avións, seguida por Aeroflot, que pedira un total de 30 unidades cunha opción de 15 máis. Outros clientes eran Russia's Avialeasing, Swiss Ama Asset Management Advisor e Kartika Airlines.

O 29 de decembro de 2009, o director de United Aircraft Corporation, Alexei Fyodorov, dixo que as entregas retrasaríanse indefinidamente debido a que os motores aínda non estaban listos[12]. O 4 de febreiro de 2010 comezou a voar o cuarto prototipo do SSJ. Debido aos retrasos na fabricación dos motores, incluídos problemas de calidade na fábrica de NPO Saturn, este usou os motores sacados do primeiro prototipo[13]. O 28 de maio rematáronse todas as probas dos motores necesarias para a certificación. A derradeira proba foi a simulación dun encontro cunha bandada de paxaros.

As probas do sistema de xestión de voo (FMS en ingles, de Flight Management System) completáronse o 19 de novembro de 2010. O FMS CMA-9000 foi desenvolvido en Canadá por Esterline CMC Electronics, para o conxunto de aviónica Thales[14].

Certificación[editar | editar a fonte]

O 6 de xullo de 2010 o representante do Ministerio de Comercio e Industria Denis Manturov, que encabezaba a comisión de seguimento do programa de implementación do Sukhoi Superjet, escribíu ao ministro Viktor Khristenko sobre o progreso da certificación do avión. Datos do 28 de maio amosaban que o proceso de certificación estaba retrasándose en gran parte debido aos problemas relacionados co motor SaM146, desenvolvido por PowerJet, un proxecto conxunto entre a rusa Saturn e a francesa Snecma. O traballo no seu deseño final estaba case rematado e o proceso de certificación tiña máis do 90% completado, pero os problemas continuaban, destacaba Manturov[15].

En setembro de 2010 o director xeral de SuperJet International dixo que se agardaba a certificación para novembro dese ano[16]. No mes de outubro o Sukhoi Superjet 100 (SN95004) aprobou as probas de ruído das autoridades rusas e europeas (AR IAC e EASA).[36] O 4 de novembro foi probado en voo o primeiro exemplar de produción (SN95007), destinado a Armavia[17].

Cara o mes de novembro de 2010 as probas do SSJ tiveran unha duración de 2.245 horas durante 948 voos[18].

Un Superjet 100 sobrevoando a costa de Italia

O 21 de decembro de 2010 o Superjet 100 aproou as probas de evacuación de emerxencia e despegue interrompido no aeroporto de Ramenskoye, baixo a supervisión da AR IAC e a EASA. O primeiro test precisou de 98 voluntarios de diferentes grupos de idade e conco membros da tripulación para evacuar o avión en 90 segundos durante unha aterraxe de emerxencia; fixérono en 73 segundos. O despegue interrompido probou as rodas, pneumáticos e freos a unha velocidade máxima de freado posible. Para cumplir a proba con todos os requerimentos da certificación, esta foi realizada sen a reversa dos motores. O avión cargaba o seu peso máximo ao despegue (45.880 kg) realizando unha freada de emerxencia a uns 300 km/h e parouse despois de percorrer 700 meters, dentro dos parámetros requiridos[19].

O 3 de febreiro de 2011 o IAC IR otorgoulle un certificado de tipo ao Sukhoi Superjet 100. Este certificado confirmaba o cumplimento das normas de aeronavegabilidade do SSJ100 autorizándoo a realizar operacións comerciais.

O 3 de febreiro de 2012, a Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) emitíu o certificado de tipo A-176 para o avión, confirmando así que cumplía coas normativas e requerimentos ambientais da axencia.

Deseño[editar | editar a fonte]

Requerimentos[editar | editar a fonte]

No mercado doméstico ruso preténdese que o Sukhoi Superjet 100 substitúa aos envellecidos Tupolev Tu-134 e Yakovlev Yak-42[20]. Internacionalmente o novo Superjet 100 competirá contra os Embraer E-Jets e os Bombardier CRJ. O SSJ aspira a reducir os custes operativos dos seus competidores por un prezo de 23-25 millóns de dólares[21]. Segundo Sukhoi, as probas de certificación confirmaron que os custes de operación directos do avión son entre un 6 e un 8% menores que o do seu principal opoñente, o Embraer 190/195[22]. En termos de combustible total consumido por sector, o SSJ está á par do Antonov An-148, pero pode acomodar a 22 pasaxeiros máis.

O deseño do avión cumple os requerimentos específicos de aeroliñas de Rusia, CEI, Estados Unidos e a Unión Europea, e axústase ás normas de aviación AP-25, FAR-25, JAR-25 e aos requisitos de niveis de ruído en terra da OACI que entraron en vigor en 2006. Dende o principio, o SSJ foi deseñado para cumplir todos os estándars da aviación occidental[23].

Participación da industria[editar | editar a fonte]

Motores SaM146 do Superjet 100

O Superjet 100 foi descrito como o programa dun avión civil máis importante e exitoso da industria aeroespacial rusa[24]. Goza dun considerable apoio do Ministerio de Industria e Comercio ruso, que o considera un proxecto de alta prioridade[25]. Excluíndo o motor SaM146, o desenvolvimento do Superjet 100 custou ao redor de 1.400 millóns de dólares, dos cales un 25% foi financiada con cargo aos presupostos federais[26]. O Superjet 100 é o primeiro avión civil non anfibio desenvolvido na Rusia post-soviética[27].

Máis de 30 compañías con participación estranxeira están involucradas no proxecto. O desenvolvemento, fabricación e comercialización do motor SaM146 corre de parte da campañía PowerJet, unha empresa conxunta entre a francesa Snecma e a rusa NPO Saturn. SuperJet International, formada por Alenia Aermacchi e Sukhoi, é a responsale da comercialización en Europa, América, África, Xapón e Oceanía.

A liña de montaxe para todas as versións do Superjet está localizada nas instalacións de KnAAPO, no leste de Rusia, mentres que NAPO centrase na fabricación de compoñentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "произвел свой первый полет (Sukhoi Superjet-100)." Вести.Ru. Consutado o 6 de xaneiro de 2014. (en ruso)
  2. "Winning the west: The Sukhoi Superjet". Flightglobal.com. 2007-02-06. http://www.flightglobal.com/news/articles/winning-the-west-the-sukhoi-superjet-211874/. Consultado o 2014-01-06.
  3. "Sukhoi SuperJet 100: New hope for Russia’s commercial aviation industry | INFOgraphics | RIA Novosti". En.rian.ru. http://en.rian.ru/infographics/20100930/160762769.html. Consultado o 2014-01-06.
  4. reuters.com - Russia unveils new passenger jet (en inglés)
  5. ria.ru - Russian Superjet 100 makes first test flight (en inglés)
  6. Aviation Week & Space Technology, 29 de outubro de 2007, p. 66.
  7. "«Суперджет» задерживается" (retrasos do Superjet) (en ruso). vremya.ru, 8 de xullo de 2008.
  8. "Russia Sukhoi sees Superjet delivery Q3 '09." Reuters. Consultado o 9 de xaneiro de 2014.
  9. "Video: First two Superjet 100s in formation flight." Flight International. Consultado o 9 de xaneiro de 2014.
  10. EASA pilots perform familiarization flights on board Sukhoi Superjet 100 (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2014.
  11. The Third Sukhoi Superjet 100 Joins the Flight Test Campaign (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2014.
  12. themoscowtimes.com - Superjet 100 Indefinitely Delayed (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2014.
  13. Lake 2010, p. 59.
  14. ria.ru - Flight management system tests for Superjet 100 complete (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2014.
  15. themoscowtimes.com - Sukhoi Superjet Behind Schedule (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2014.
  16. SuperJet SSJ100 on track for November certification (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
  17. First Sukhoi Superjet 100 production aircraft flies for Armavia Airline (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
  18. Flightglobal - Superjet nears end of drawn-out certification campaign (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2014.
  19. ria.ru - Russia's Superjet 100 moves closer to final certification (en inglés). Consultado 23 de xaneiro de 2014.
  20. Reuters - Russia unveils new passenger jet (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2014.
  21. rt.com - Sukhoi Superjet systems can make up for any pilot mistake – UAC chief (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2014.
  22. ato.ru - Regional aircraft for international market (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2014.
  23. flightglobal.com - Russian industry special: New start for sukhoi (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
  24. ato.ru - Celebrating the 100th anniversary (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
  25. ato.ru - Right up there (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
  26. The Moscow Times - New Orders but No Lift for Superjet (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
  27. rt.com - Superjet-100 order book hikes by 50% (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2014.