Tupolev Tu-134

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tupolev Tu-134
Ту-134А.JPG
Tu-134A
Tipo pasaxeiros
Fabricante Tupolev
Primeiro voo 29 de xullo de 1963
Introducido setembro de 1967
Estado servizo
Produción 1966 - 1984
Construídos 852

O Tupolev Tu-134 é un avión de pasaxeiros bimotor, semellante ao francés Sud Aviation Caravelle e ao estadounidense Douglas DC-9, fabricado na Unión Soviética entre 1966 e 1984 por Tupolev. A versión orixinal contaba cun morro acristalado, ao igual que outros avións de pasaxeiros soviéticos (como o seu irmán Tu-154), e o modelo pode operar dende pistas de aterraxe non pavimentadas. Trátase dun dos avións máis usados nos países do antigo Pacto de Varsovia, e o seu número está minguando debido ás restriccións de ruído. Ademais do seu uso civil, tamén ten servido en distintas forzas aéreas, armadas e exércitos realizando tarefas de apoio, como avión de adestramento ou para investigacións e probas. Recentemente varios Tu-134 foron convertidos como transportes VIP e reactores de negocios. Un total de 852 exemplares foron fabricados en todas as versións, sendo Aeroflot o seu principal usuario; cara 1995, o Tu-134 trnsportara a 360 millóns de pasaxeiros nesta aeroliña.