Salavat Yulaev Ufa
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1957 | |
| Sede | ||
| Cancha | Ufa Arena (10.000 espectadores) |
|
| Cores | Azul, verde e branco |
|
| Liga | Kontinental Hockey League | |
| Conferencia | Leste | |
| División | Chernyshev | |
| Campionatos | 1 (2011) | |
| Adestrador | ||
| Director | ||
| Equipos(s) afiliado(s) | Toros Neftekamsk (Vyschaïa Liga) Tolpar (MHL) |
|
| Sitio Web | http://www.hcsalavat.ru/ | |
O Salavat Yulaev Ufa é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ufa, na República de Bashkortostán (Rusia). Actualmente forma parte da División Chernyshev da Kontinental Hockey League (KHL), competición á que pertence dende a súa fundación no 2008.
Índice |
Historia[editar]
O club recibe os seu nome de Salavat Yulaev, un heroe nacional de Bashkortostan. Anteriormente era coñecido como Trud Ufa (dende a súa fundación en 1957 ata 1959) e Gastello Ufa (1959-1962). O Salavat Yulaev foi o campión do último título da Superliga Rusa no 2008.
O Salavat Yulaev Ufa xogou 77 partidos internacionais contra equipos de Bulgaria, Dinamarca, Letonia, Polonia, Romanía, Finlandia, Croacia, Checoslovaquia, Suíza, Suecia (cun récord de 67 vitorias, 5 empates, e 5 derrotas). O seu primeiro partido internacional tivo lugar o 30 de decembro de 1961 en Ufa fronte ao Wismuth de Alemaña Oriental. En 1993, o Salavat puido desputar o máximo campionato ruso. No 2008, o club entrenado por Serguei Mikhaliov conseguiu o seu primeiro título de campión ruso. Ao ano seguinte, o club converteuse nun dos membros fundadores da Kontinental Hockey League, unha nova competición eurasiática, foi daquela cando asinou un acordo de aficiación co Toros Neftekamsk da Vyschaïa Liga.
Palmarés[editar]
- 1 KHL Gagarin Cup: 2011
- 5 Vyschaïa Liga: 1978, 1980, 1982, 1985, 1992
- 1 Federation Cup: 1995
- 4 Bashkiria Presidential Cup: 2005, 2006, 2007, 2010
- 1 Romazan Tournament: 2006
- 1 Superliga Rusa: 2008