Atlant Moscow Oblast
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1953 | |
| Sede | ||
| Cancha | Mytishchi Arena (7.000 espectadores) |
|
| Cores | Azul e amarelo |
|
| Liga | Kontinental Hockey League | |
| Conferencia | Oeste | |
| División | Tarasov | |
| Adestrador | ||
| Sitio Web | http://www.atlant-mo.ru/ | |
O Atlant Moscow Oblast (en ruso ХК Атлант Московская область) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Mytishchi, no óblast de Moscova (Rusia). Actualmente compite na División Tarasov da Kontinental Hockey League (KHL), competición á que pertence dende a súa creación en 2008.
Índice |
Historia [editar]
O Atlant Moscow foi fundado o 20 de decembro de 1953 baixo o nome de Khimik (denominación que mantivo ata 2008) en Voskresensk. Khimik xogou o seu primeiro partido o 27 de decembro de 1953. O éxito inmediato do Khimik permitiulle xogar o campionato da Unión Soviética. Á fronte do equipo estaba o adestrador-xogador Nikolai Epstein. En tres anos, o Khimik conseguiu ascender á máxima categoría do hóckey sobre xeo soviético. Entre 1984 e 1965 conseguiu tres medallas de bronce. En 1989 o equipo gañou a medalla de prata dirixido polo prestixioso adestrador Vladimir Vasiliyev, un gran logro para un equipo dunha cidade pequena. Ademais o equipo formou a grandes xogadores, incluíndo os campións da Stanley Cup Igor Larionov e Valeri Kamensky.
Na primavera de 1998, co 45 aniversario do club, o seu status cambiou, pasando a representar non só á cidade de Voskresensk, senón a todo o óblast de Moscova. Durante a tempada 2005-06, o equipo trasladouse de Voskresensk a Mytishchi. Logo desto mudou o seu nome polo de Atlant, antes do seu ingreso na Kontinental Hockey League (KHL). O logo do novo equipo representa un can pastor de Asia Central.[1]
Denominacións [editar]
- Khimik Voskresensk (1953-1955)
- Khimik Moscova (1955-1957)
- Khimik Voskresensk (1957-1998)
- Khimik Óblast de Moscova (1998-2008)
- Atlant Moscow Oblast (2008-presente)
Estatísticas na KHL [editar]
Lenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, VTE = Vitorias no Tempo Extra , SOL = Derrotas Penalty Shootout, D = Derrotas, GF = Goles a favor, GC = Goles en contra, Pts = Puntos
| Tempada | PX | V | VTE | SOL | D | Pts | GF | GC | Clasificación | Play-offs |
| 2008–09 | 56 | 35 | 7 | 3 | 11 | 122 | 189 | 111 | 2º da División Bobrov | Perdeu nas semifinais de conferencia, 1-3 (Metallurg Magnitogorsk) |
| 2009–10 | 56 | 24 | 13 | 3 | 16 | 101 | 173 | 137 | 2º da División Tarasov | Perdeu nos cuartos de final de conferencia, 1-3 (Lokomotiv Yaroslavl) |
| 2010–11 | 54 | 21 | 11 | 6 | 16 | 91 | 138 | 115 | 2º da División Tarasov | Perdeu nas finais, 1-4 (Salavat Yulaev Ufa) |
| 2011–12 | 54 | 20 | 11 | 4 | 19 | 86 | 130 | 134 | 2º da División Tarasov | Perdeu nas semifinais de conferencia, 2-4 (SKA San Petersburgo) |
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en ruso)