Ufa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 54°43′0″N 55°58′0″E / 54.71667°N 55.96667°E / 54.71667; 55.96667

Ufa
UfaFlag.svg Coat of arms of Ufa.svg
Bandeira Escudo
Información
País Rusia Rusia
República Flag of Bashkortostan.svg Bashkortostán
Poboación 1,064.200 h. (2010)
Alcalde Pavel Kachkayev
Páxina Oficial

Ufa ou Ufá (Уфа en ruso, Өфө en baskir) é unha cidade de Rusia, capital da república de Bashkortostán, situada na beira dos ríos Ufa e Bélaia, que conta cunha poboación de 1,064.200 habitantes (2010). A maioría dos habitantes da cidade son de étnia rusa (36'1%), tártara (28'3%) e baskir (17'1%).

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada como fortaleza en 1574 por Iván IV de Rusia "o terrible". No século XVIII converteuse nun salientable centro comercial e cultural da zona, e dende o ano 1781 tamén nun centro administrativo da rexión coñecida naquel entón como Oremburgo. O desenvolvemento industrial da cidade chegou co ferrocarril, que dende 1890 comunicou a cidade con boa parte do resto do imperio ruso. Durante a Guerra Civil Rusa, Ufa foi temporalmente a capital do Goberno Provisional de Tódalas Rusias, un movemento antibolchevique. Uns anos despois, durante a Segunda Guerra Mundial, a cidade tamén acolleu un tempo a capitalidade da República Socialista Soviética de Ucraína por mor da invasión dos nazis.

Industria[editar | editar a fonte]

O descubrimento de petróleo en Bashkortostán durante a primeira metade do século XX transformou a Ufa nun importante centro industrial. Na actualidade ten industrias eléctricas, mineiras, petroquímicas e de procesado de alimentos.

Deportes[editar | editar a fonte]

As principais entidades deportivas da cidade son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]