HC Dinamo Minsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HC Dinamo Minsk
Дынама Мінск
Lukáš Krajíček 2011-10-30 (1).JPG
Fundado en 1976 como Torpedo Minsk
Sede Flag of Minsk, Belarus.png Minsk,
Flag of Minsk Voblast.svg Voblast de Minsk
Bielorrusia Bielorrusia
Cancha Minsk Arena
(15.000 espectadores)
Cores Azul claro e branco
           
Liga Kontinental Hockey League
Conferencia Oeste
División Bobrov
Campionatos 0
Adestrador República Checa Marek Sýkora
Director Bielorrusia Alexei Torbin
Propietario Bielorrusia BFSO Dinamo
Equipos(s) afiliado(s) Shakhtar Soligorsk (Extraliga Bielorrusa)
Sitio Web http://www.hcdinamo.by/

O Dinamo Minsk (en ruso Дина́мо Минск e en bielorruso Дынама Мінск, Dynama Minsk) é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Minsk (Bielorrusia) que compite na Tarasov Division da Kontinental Hockey League.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado na base do existente Torpedo Minsk en 1976, que competía na Extraliga Bielorrusa. O Dinamo estivo vencellado ao nome de Tivali Minsk dende 1993 ata o 2001, ano no que cesaron as súas actividades. O equipo foi refundado no 2003 baixo o impulso da Federación Bielorrusa e ingresou na Extraliga Bielorrusa..

O 26 de marzo de 2008 a KHL confirmou ao club bielorruso na Bobrov Division.

O 29 de xullo do 2008, o adestrador Paul Gardner dimitiu por cuestións personais en Agosto. Gardner dixo que a directiva do club non estaba preparada para o seu estilo de xogo norteamericano [1]. O posto de Gardner foi ocupado por Jim Hughes.

O club reubicouse no Minsk-Arena en Decembro do 2009.

No 2009 proclamouse campión da Spengler Cup ao vencer ao HC Davos por 1 a 3 o 31 de decembro do 2009.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]