Dinamo Riga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1946 (reufundado en 2008) | |
| Sede | ||
| Cancha | Arena Riga (10.300 espectadores) |
|
| Cores | Granate, gris e branco |
|
| Liga | Kontinental Hockey League | |
| Conferencia | Leste | |
| División | Bobrov | |
| Campionatos | 0 | |
| Adestrador | ||
| Director | ||
| Equipos(s) afiliado(s) | HK Riga (MHL) Liepājas Metalurgs (BXL) |
|
| Sitio Web | http://www.dinamoriga.eu | |
O Dinamo Riga (en letón Rīgas Dinamo) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Riga (Letonia). Actualmente compite na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL). Xoga os seus partidos como local no Arena Riga, un pavillón con capacidade para 10.300 espectadores.
Ainda que anteriormente houbo un equipo co mesmo nome, o club foi refundado en 2008 para formar parte da nova competición euroasiática, a Kontinental Hockey League (KHL). O 2 de setembro de 2008 xogou o primeiro partido da historia da nova competición euroasiática, gañando por 4 goles a 2 ao Amur Khabarovsk ruso.