Avangard Omsk
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1950 | |
| Sede | ||
| Cancha | Omsk Arena (10.318 espectadores) |
|
| Cores | Vermello, negro e branco |
|
| Liga | Kontinental Hockey League | |
| Conferencia | Leste | |
| División | Chernyshev | |
| Campionatos | 0 | |
| Adestrador | ||
| Propietario | Viktor Ishayev | |
| Equipos(s) afiliado(s) | Omskye Yastreby (MHL) | |
| Sitio Web | http://www.hawk.ru/ | |
O Avangard Omsk (en ruso Авангард Омск) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Omsk (Rusia). Actualmente compite na División Chernyshev da Kontinental Hockey League (KHL), conseguindo dous campionatos de división nas tempadas 2011 e 2012.
Índice |
Historia[editar]
O Avangard Omsk naceu en 1950 baixo a denominación de Spartak Omsk, adoptando a súa denominación actual en 1981. Non foi ata o 2004 cando o equipo conseguiu o seu primeiro título, a Superliga Rusa, e tan só un ano despois chegaría o seu segundo título, desta vez un título continental, a IIHF European Champions Cup logo de derrotar na final ao Oulun Kärpät finlandés por 2 goles a 1, converténdose no primeiro equipo en gañar esta competición baixo a nova denominación. No 2008 o club ingresou na Kontinental Hockey League (KHL), unha nova competición euroasiática.
Denominacións[editar]
- Spartak Omsk 1950-1962
- Aeroflot Omsk 1962-1967
- Kauchuk Omsk 1967-1972
- Khimik Omsk 1972-1974
- Shinnik Omsk 1974-1981
- Avangard Omsk Oblast 1981-presente
Palmarés[editar]
- 1 Superliga Rusa: 2004
- 1 IIHF European Champions Cup: 2005