HC Slovan Bratislava
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1921 | |
| Sede | ||
| Cancha | Ondrej Nepela Arena (10.115 espectadores) |
|
| Cores | Azul, granate e branco |
|
| Liga | Kontinental Hockey League (dende 2012) | |
| Conferencia | Oeste | |
| División | Bobrov | |
| Adestrador | ||
| Director | ||
| Equipos(s) afiliado(s) | HK 36 Skalica (Extraliga Eslovaca) | |
| Sitio Web | http://www.hcslovan.sk/ | |
O Hockey Club Slovan Bratislava (en eslovaco Hokejový klub Slovan Bratislava) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Bratislava (Eslovaquia). O club foi fundado en 1921 e é o club máis laureado de Eslovaquia. Dende a 2012-13 compite na Kontinental Hockey League (KHL) representando a Eslovaquia. Xoga os seus partidos como local no Ondrej Nepela Arena, un pavillón con capacidade para 10.115 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
O HC Slovan Bratislava foi fundado como equipo de fútbol en 2919 baixo a denominación de 1. ČsŠK Bratislava. En 1921 creouse a sección de hóckey sobre xeo, denominada CsSK hockey. En decembro de 1924 xogou o seu primeiro partido, foi na derrota por 1 gol a 6 fronte ao Wiener EV de Viena. En 1939 o nome do club cambiou polo de Slovan Bratislava, mantendose ata a actualidade.[1]
Logo da II Guerra Mundial, o Slovan foi o único representante eslovaco na máxima categoría do hóckey sobre xeo checoslovaco durante moito tempo, conseguindo en moitas ocasións o subcampionato. O seu único título no Campionato Checoslovaco chegou coa dirección do adestrador Ladislav Horsky na tempada 1978–79. Ademais, os equipos de base gañaron moitos campionatos.[1]
Logo da Disolución de Checoslovaquia en 1993, o Slovan pasou a xogar na Extraliga Exlovaca, gañando oito títulos da máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco, éxitos que se repetiron co equipo júnior.[1]
Ademáis do éxito logrado en Eslovaquia, o Slovan tamén realizou notables participacións en competicións internacionais, con tres títulos da Spengler Cup consecutivos entre 1972 e 1974. Tamén é un dos catro únicos equipos que xogou os catro anos a European Hockey League, chegando sempre aos play-offs. Outro gran éxito internacional do club chegou na tempada 2003-04 coa consecución do IIHF Continental Cup. Dende o 2011, o Slovan participa no European Trophy.[1]
Kontinental Hockey League [editar]
En marzo de 2012, o Slovan solicitou o seu ingreso na Kontinental Hockey League (KHL).[2] O 21 de xuño dese mesmo ano, o Slovan Bratislava foi admitido oficialmente na KHL, logo de que cumprira tódalas condicións necesarias. Fundado en 1921, é o club máis antigo da KHL cun amplo marxe.[3]
Tempada 2012–13 [editar]
En maio, o Slovan fichou a Rostislav Čada como novo adestrador xefe para a súa primeira tempada na KHL, levando ao club a súa experiencia na competición logo de traballar no Avangard Omsk.[4] Logo de xogar dous partidos de preparación fronte a equipos da KHL e o European Trophy no verán, o Slovan comezou a tempada 2012–13 coa derrota por 2 a 4 na casa fronte ao ucraniano e tamén debutante na competición HC Donbass o 6 de setembro de 2012 cun cheo total nas bancadas. A primeira vitoria chegaría catro días despois no partido fronte ao Spartak Moscova, gañando por 2–1 logo por shootout.
Denominacións [editar]
- 1993-1994 : HC Slovan Bratislava
- 1994-1995 : HC Slovan HTC Bratislava
- 1995-2002 : HC Slovan Harvard Bratislava
- 2002-2004 : HC Slovan Slovnaft Bratislava
- Dende 2004 : HC Slovan Bratislava[5]
Palmarés [editar]
Títulos nacionais [editar]
- 8 Extraligas Eslovacas: 1997–98, 1999–2000, 2001–02, 2002–03, 2004–05, 2006–07, 2007–08, 2011–12
- 1 Campionato Checoslovaco: 1978–79
- 2 Liga Eslovaca (1938–1944): 1941, 1942
- 2 1. SNHL: 1981–82, 1989–90
Títulos internacionais [editar]
- 1 IIHF Continental Cup: 2004
- 3 Spengler Cup: 1972, 1973, 1974
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 História klubu
- ↑ The Slovakian candidate
- ↑ Slovan získal definitívny súhlas na štart v KHL
- ↑ Rostislav Čada oficiálne novým hlavným trénerom
- ↑ Denominacións históricas en http://www.hcslovan.sk/. (en eslovaco)