Ak Bars Kazan
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1956 | |
| Sede | ||
| Cancha | Tatneft Arena (10.000 espectadores) |
|
| Cores | Verde, vermello e branco |
|
| Liga | Kontinental Hockey League | |
| Conferencia | Leste | |
| División | Kharlamov | |
| Campionatos | 2 | |
| Adestrador | ||
| Sitio Web | http://eng.ak-bars.ru/ | |
O Hockey Club Ak Bars (en ruso Ак Барс, en tártaro Ак Барс) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kazan, Tatarstán (Rusia). Actualmente compite na Kontinental Hockey League (KHL), competición da cal gañou as súas dúas primeiras edicións.
O nome do equipo, Ak Bars, deriva do símbolo oficial de Tatarstán, traducido como Leopardo das Neves, un símbolo tradicional que ten a súa orixe nos Barsil, unha das tíbus tártaras.
Índice |
Historia [editar]
Fundado orixinalmente como Mashstroy Kazan en 1956, mudou o seu nome polo de SC Uritskogo Kazan cando entrou na Clase B Soviética en 1958. Ascendeu á Clase A2 Soviética, cando gañou a promoción á máxima categoría do hóckey soviético. O rendemento de Kazan foi respetable, comezando a competición gañando 6 dos 19 encontros fronte aos mellores equipos soviéticos antes de caer na segunda parte do campionato, descendendo ao final da tempada.
Dende este momento, o SC Uritskogo Kazan estableceu unha reputación como equipo forte nas categorías menores da URSS. Recoñecido como equipo de alta puntuación, o Kazan promedior máis de catro goles por partido nas décadas dos '60 e '70. Gañou dúas veces a liga da URSS de nivel inferior, sendo nomeado campión de Rusia en 1962 e 1976.
O período máis exitoso do SC Uritskogo Kazan tivo lugar a finais dos anos '70 e principios dos '80. O equipo foi dirixido por Sergei Stolbun; marcando Gennady Maslov (actual adestrador do Ak Bars-2 Kazan), quen disfrutou dun breve período no PHC Krylya Sovetov e estableceu un récord no club de 140 puntos en 76 partidos en 1982–83; e Ravil Shavaleev, que foi considerado un dos mellores defensas que dou Tatarstán. Durante este período, Kazan foi consistente entre os mellores equipos da liga, mais ano tras ano non conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey soviético.
Logo da desintegración da Unión Soviética, o Uritskogo Kazan converteuse no Itil Kazan en 1990 e participou na IHL. Itil tivo un éxito relativo, evitando o descenso da Vysshaya hokkeinaya liga en 1991 e 1992.
Foi a raíz da creación da Superliga Rusa (RSL) en 1996 cando comezou a época dourada do hóckey en Tatarstán. Renomeado como Ak Bars Kazan como o tradicional símbolo tártaro, o leopardo das neves. Aproveitando o pulo dos recursos nos Urais, Ak Bars comezou a súa historia en boa forma, rematando primeiro na súa respectiva división en 1997 e 1998, así como gañando a RSL en 1998. Durante este período, Kazan carecía da alta puntuación dos seus predecesores, mais seguiu a ser un equipo dominante no hóckey ruso, sendo finalista en 2000 e 2002. Neste tempo, Kazan formou a xogadores como Denis Arkhipov e Danis Zaripov.
Na tempada 2004-05, Kazan fichou a 11 xogadores da NHL, incluíndo ás estrelas rusas Alexei Kovalev e Ilya Kovalchuk e canadianas Vincent Lecavalier e Dany Heatley, nun intento de celebrar o centenario de Kazan cun campionato. Non tiveron éxito e finalizaron na cuarta praza, sendo eliminados nos playoffs polo Lokomotiv Yaroslavl.
Dende aquela, o Ak Bars Kazan dominou a RSL, gañando a liga en 2006 no retorno de Aleksey Morozov. En 2007 paseouse pola liga con 35 vitorias e 214 goles en 54 partidos antes de caer na final fronte ao Metallurg Magnitogorsk.
O Ak Bars foi liderado nos últimos anos pola liña dominante coñecida como "ZZM" formada por Sergei Zinovjev, Danis Zaripov e Aleksey Morozov, que se estableceu como unha das liñas máis dominantes da historia recente. Combinado con veteráns como Vitaly Proshkin e Vladimir Vorobiev, e extranxeiros como Ray Giroux, Petr Čajánek e Jukka Hentunen, Kazan mantívose como un dos mellores equipos da liga. Sen embargo foron criticados frecuentemente pola súa falta de consistencia e por confiar demasiado en estrelas como Morozov.[1]
O Ak Bars Kazan ten grandes rivalidades co Lokomotiv Yaroslavl e os seus veciños do Salavat Yulaev Ufa. Sen embargo, o Ak Bars tivo como principal rival ao Dynamo de Moscova nos anos '90.
Palmarés [editar]
- 4 Russian Open Championship (4): 1997-1998, 2005–2006, 2008–09, 2009–10
- 2 KHL Gagarin Cup: 2008–09, 2009–10
- 2 Superligas de Rusia: 1997-1998, 2005–2006
- 1 KHL Eastern Conference Cup: 2009–10
- 1 KHL Opening Cup: 2009–10
- 1 IIHF European Champions Cup: 2007
- 1 IIHF Continental Cup: 2008
- 1 Campión do Leste da Superliga: 1998
- 1 Campión do Oeste da Superliga: 1997
- 3 Clase A2 Soviética: 1962, 1988 e 1989
- 1 Clase B Soviética: 1976