HC Lada Togliatti
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1976 | |
| Sede | ||
| Cancha | Lada Arena (6.600 espectadores) |
|
| Cores | Vermello, azul e branco |
|
| Liga | Vysshaya Hokkeinaya Liga (2010-presente) |
|
| Adestrador | ||
| Equipos(s) afiliado(s) | CSK VVS Samara (Vyschaïa Liga) | |
| Sitio Web | http://www.hclada.ru | |
O HC Lada Togliatti (en ruso ХК «Лада» Тольятти) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Togliatti, no óblast de Samara (Rusia). Actualmente compite na Vysshaya Hokkeinaya Liga tras abandonar a KHL no 2010 por problemas financeiros.
Índice |
Historia [editar]
O club foi fundado en 1976 baixo o nome de Torpedo Togliatti e desputou o seu primeiro partido o 31 de agosto dese mesmo ano fronte ao Dizelist Penza. en 1979 ascende á segunda división, mais descendeu nóvamente ao final da tempada, non recuperando a categoría ata 1982.
En 1990, o club adopta o seu nome actuale e un ano máis tarde ascende á primeira división. En 1994, o Lada Togliatti converteuse no primeiro equipo non moscovita en gañar o campionato nacional e ao ano seguinte desputou a final da Copa de Europa contra o Jokerit Helsinki.
O club gañou un segundo título de campión ruso en 1996, e na tempada seguinte proclamouse campión da Copa de Europa tras derrotar na final ao Modo Hockey de Suecia. No 2006, o Lada gañou a Copa Continental. No 2008 converteuse nun dos equipos fundadores da Kontinental Hockey League (KHL), unha nova competición eurasiática. No 2010 abandonou a KHL por problemas financeiros, pasando a competir na Vysshaya Hokkeinaya Liga.
Palmarés [editar]
- 2 Superliga Rusa: 1994, 1996
- 1 Continental Cup: 2006
- 1 Copa de Europa: 1997