Bashkortostán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Респу́блика Башкортоста́н (Respúblika Baixkortostan) Башҡортостан Республикаһы (Baixqortostan Respublikahi) |
|||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Información | |||
| Capital: | Ufá | ||
| Poboación
- Total |
|
||
| Superficie | 143.600 km² | ||
| Gobernador | Mortaza Ghöbäydulla uly Räximev |
||
| Idioma oficial | Ruso e baskir | ||
| Web | Goberno | ||
Baiskiria (en ruso Башки́рия), oficialmente Bashkortostán (en ruso Респу́блика Башкортоста́н, Respúblika Baixkortostan; en baskir Башҡортостан Республикаһы, Baixqortostan Respublikahi; en tártaro Başqortostan Respublikası), é un subxecto federal (república) da Federación Rusa desde o 31 de marzo de 1992. En 2002 contaba con 4.104.336 habitantes en 143.600 km². A capital é Ufá. Limita ó norde co territorio de Perm e a provincia de Sverdlovsk, ó leste coa de Cheliabinsk, ó sur e ó oeste coa de Orenburg, ao oeste coa república de Tataria e ó noroeste coa de Udmurtia.

