Barys Astana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1999 | |
| Sede | ||
| Cancha | Pazo dos Deportes Alatau (5.532 espectadores) |
|
| Cores | Azul claro, azul escuro branco |
|
| Liga | Kontinental Hockey League | |
| Conferencia | Leste | |
| División | Chernyshev | |
| Campionatos | 0 | |
| Adestrador | ||
| Director | Dmitriy Raykhel | |
| Propietario | Nurlan Orazbaev | |
| Equipos(s) afiliado(s) | Barys-2 | |
| Sitio Web | http://www.hcbarys.kz/ | |
O Barys Astana (en casaco: Барыс Астана) é un club de hóckey sobre xeo profesional da cidade de Astana (Casaquistán) que compite na División Chernyshev da Kontinental Hockey League.
[editar] Historia
O Barys foi fundado en 1999 e comezou a competir na tempada 2001-02. Barys en casaco significa pantera. O equipo competiu na Liga de Casaquistán ata o 2007, cando comezou a competir na Vysshaya Liga. Logo de competir na Vysshaya Liga na tempada 2007-08, o Barys Astana foi admitido para competir na KHL.
A primeira vitoria do equipo na KHL foi ante o Neftekhimik de Nizhnekamsk (Rusia) o 3 de setembro do 2008 por 2 goles a 1. A súa primeira vitoria na casa foi o 14 de setembro do 2008, cando gañou ao Salavat Yulaev por 3 a 2.