Ufa Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ufa Arena
Уфа-Арена
Ufa Arena
Datos
LocalizaciónUfa, Rusia
Construción
InauguraciónAgosto de 1985
Estadio
Capacidade8.400 espectadores
LocalíaSalavat Yulaev Ufa (KHL)
Eventos

O Ufa Arena (en ruso: Уфа-Арена) é un pavillón deportivo da cidade de Ufa, capital da república de Bashkortostán (Rusia). No 2007 substituíu o Pazo de xeo Salavat Yulaev para os partidos como local do equipo de hóckey sobre xeo do Salavat Yulaev, que daquela competía na Superliga rusa. Ten unha capacidade para 8,400 espectadores e foi inaugurado en agosto do 2007.

O primeiro evento que tivo lugar neste pavillón foron os dous primeiros partidos das Super Series do 2007, unha serie de partidos de hóckey sobre xeo entre as seleccións xúnior do Canadá e Rusia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]