Amur Khabarovsk
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1966 | |
| Sede | ||
| Cancha | Platimun Arena (7.100 espectadores) |
|
| Cores | Azul, amarelo e branco |
|
| Liga | Kontinental Hockey League | |
| Conferencia | Leste | |
| División | Chernyshev | |
| Campionatos | 0 | |
| Adestrador | ||
| Propietario | Viktor Ishayev | |
| Equipos(s) afiliado(s) | Ermak Angarsk (Vysshaya Liga) | |
| Sitio Web | http://www.hcamur.ru/ | |
O Amur (en ruso: Амур Хабаровск) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Khabarovsk (Rusia) que lle debe o seu nome ao Río Amur e que actualmente compite na Kontinental Hockey League. A súa localización no Extremo Oriente Ruso fai que a distancia co seu veciño máis próximo na competición, o Metallurg Novokuznetsk, sexa de aproximadamente 3000 km. As súas cores son o amarelo, o azul e o branco.
O equipo conta cunha das mellores asistencias de público aos seus partidos de entre os clubes que xogan nas ligas europeas. No ranking da ranking IIHF da tempada 2006-07, Amur foi o 13º equipo na lista (3º da liga rusa) cunha media de público de 7100 espectadores, o que significa que o Platinum Arena énchese en cada partido.[1]
Índice |
Historia [editar]
O club foi fundado en 1966 baixo o nome SKA Khabarovsk, tomando o seu nome actual en 1996. O club, logo de ascender á Superliga Rusa en 1996, foi descendido nóvamente á segunda división no 2004 xa que a compañía mineira atravesaba grandes dificultades financeiras. Recuperou a categoría ese mesmo ano. O equipo de reserva tivo un breve paso pola Asia League baixo o nome de Golden Amur no 2005. No 2008, integrouse nunha nova competición en Eurasia, a KHL. O club asinou unha afiliación co club Ermak Angarsk da Vysshaya Liga para convertelo no seu club-escola.
Palmarés [editar]
- 1 Vysshaya Liga: 1996.
- 1 campionato da terceira división da Unión Soviética: 1989.