Lehendakari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécese ó Presidente da Comunidade Autónoma Vasca como Lehendakari ou Lendakari (en éuscaro, literalmente "primeiro responsable", plural: Lehendakariak), ou Eusko Jaurlaritzako Lehendakari ("Presidente do Goberno Vasco").

Índice

[editar] "Lehendakari"

Con anterioridade ó establecemento da ortografía oficial do éuscaro nos anos 1970, a grafía empregada era Euzko Jaurlaritzaren Lendakari. Tanto jaurlaritza como lendakari son neoloxismos en éuscaro. Foron creados por membros do Partido Nacionalista Vasco.

Os termos xenéricos en éuscaro para "presidente" son lehendakari(a)[1] ou presidente(a).[2] En éuscaro, resérvase o neoloxismo "jaurlaritza" para o Goberno Vasco.

[editar] Lista de presidentes da Comunidade Autónoma Vasca

José Antonio Aguirre foi o primeiro Lendakari da Rexión Autónoma do País Vasco, pero Francisco Franco Bahamonde suspendeu o estatuto de autonomía de 1936, así como os concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa, por consideralas «provincias traidoras». Así a todo, si mantivo os seus similares en Álava e a Navarra que actualmente forma parte España xunto coa comunidade autónoma do País Vasco.

Tanto Aguirre como Leizaola empregaron o título de lendakari, Ramón Rubial foi coñecido como Presidente do Consello Xeral Vasco, a partir de Garaikoetxea vense empregando a forma lehendakari tanto en éuscaro como en castelán.

[editar] Goberno de Euzkadi (Segunda República e exilio) (1936-1978)

[editar] Consello Xeral Vasco (1978-1980)

[editar] Goberno Vasco (desde 1980)

[editar] Notas

  1. Véxase a entrada lehendakari do Diccionario General Vasco.
  2. Véxase, por exemplo, a entrada «presidente» do dicionario Zehazki (dicionario castelán-vasco dirixido polo académico da lingua vasca Ibon Sarasola).
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas