Iñaki Gabilondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iñaki Gabilondo

Iñaki Gabilondo, nado en San Sebastián o 19 de decembro de 1942, é un xornalista vasco. Xornalista de gran prestixio, a súa carreira estivo estreitamente ligada á radio, concretamente á Cadena SER, onde conduciu con grande éxito durante case vinte anos (entre 1986 e 2005) o espazo matinal Hoy por hoy. Tamén ten traballado en televisión, un medio que retomou en 2005, tras anos afastado dela, para presentar os informativos de Cuatro ata comezos de 2010 cando pasou a CNN+.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Gabilondo é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Navarra. Inicia a súa carreira na radio con 21 anos. Este primeiro traballo sería en 1963, en Radio Popular (COPE) na súa cidade natal, San Sebastián. Con 27 anos dirixe esta emisora, ata que en 1969 pasa a dirixir Radio San Sebastián da Cadena SER. Dous anos despois foio nomeado director da Cadena SER en Sevilla, e de aí pasou a converterse en director de informativos nesa cidade.

Cadena Ser[editar | editar a fonte]

Sete anos máis tarde, en 1978 incorporose ós servizos informativos da Cadena SER en Madrid para dirixir Hora 25 e en 1980 comezaba a ostentar o cargo de director dos Servizos Informativos da Cadena SER.

TVE[editar | editar a fonte]

Pouco despois pasaría a ser director de informativos de TVE, estreándose en antena durante o 23-F, na investidura de Calvo Sotelo, situación excepcional que forzou a súa primeira aparición ante as cámaras de televisión e lle obrigou a asumir a responsabilidade de presentar durante un mes o Telediario da noite, nas circunstancias máis difíciles para a que era daquela a nacente democracia española e os comezod do exercicio libre do xornalismo. As tensións políticas e a debilidade do Goberno de Calvo Sotelo obrigaron á súa saída de TVE, así coma á do director xeral. Tralo seu paso pola televisión pública foi director xeral de Radio Televisión 16.

En 1983 abandona o seu cargo en Radio 16 para volver á Cadena SER, onde sería director e presentador de Aquí la SER, Matinal SER, Pido la Palabra e Onda Media.

Hoy por hoy[editar | editar a fonte]

Iñaki Gabilondo by Gonzalo Merat.jpg

O 22 de setembro de 1986, comezaban as emisións do que sería o programa máis relevante na súa carreira profesional e o máis escoitado de toda a historia da radio española: Hoy por Hoy. Baixo a súa dirección, este espazo converteuse no programa de radio por excelencia en España, batendo tódolos récords de audiencia. Durante os primeiros anos, mantivo unha competencia directa co programa Protagonistas, conducido por Luis del Olmo, pero a partir da terceira vaga do EGM en 1995 Hoy por Hoy foi o programa máis escoitado de xeito claro e indiscutible da radio en España, como constatou o propio Estudo Xeral de Medios durante máis de trinta vagas consecutivas.

O seu traballo en radio non significou que aparcara por completo as súas intervencións televisivas; así estivo á fronte de programa coma En familia (TVE, 1987 a 1989),Iñaki, los jueves (1990), Gente de primera (1993) en TVE ou Entrevista con. En 1996 rncargouse das entrevistas en Telecinco do informativo de Luis Mariñas.

Ademais do anterior, foi o encargado durante todos estes anos de traballo na SER de facerse cargo do especial da emisora con motivo das eleccións que se celebraban no país, tanto a nivel nacional coma autonómico. Tamén durante este período presentou varios anos consecutivos a gala dos Premios Ondas xunto con Gemma Nierga, outra das xornalistas máis representativas da Cadena SER.

En 2005 publicou o libro Testigo de la Historia, selección das súas entrevistas máis interesantes. Gabilondo entrevistou a tódolos presidentes do goberno; líderes políticos de tódolos partidos; personalidades internacionais, escritores, investigadores, actores, directores de cine, cantantes e tódolos protagonistas da actualidade.

Cuatro[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto de 2005 a Cadena SER anunciaba por sorpresa que Iñaki deixaba a dirección de Hoy por Hoy para pasar e ser o presentador do informativo estrela do novo canal xeneralista español, Cuatro, que iniciou as emisións a comezos de novembro do mesmo 2005. Gabilondo foi substituído á fronte do programa que conducira durante case vinte anos polo xornalista Carles Francino e desde aquela presenta o informativo de Noticias Cuatro de luns a venres ás 21:00, primeiro en solitario e desde setembro de 2006 en compañía de Silvia Intxaurrondo. En 2006, ademais compartiu a condución do programa Cuatro x Cuatro con Àngels Barceló, Carles Francino e Jon Sistiaga.

CNN+[editar | editar a fonte]

Logo de mercar Gestevisión Telecinco a cadea Cuatro, o xornalista abandonou a presentación de Noticias Cuatro o 21 de xaneiro de 2010, presentando a partir do 8 de febreiro de 2010 o magacín informativo nocturno Hoy na canle de noticias CNN+. A finais do ano 2010 ten que deixar CNN+ polo peche da canle derivado da fusión entre Cuatro e Telecinco[1].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado con Lola Carretero, xornalista especializada en moda que colaborou algún tempo en Hoy por Hoy. Un irmán seu, Ángel Gabilondo é ministro de Educación, e é tío da actriz Estíbaliz Gabilondo.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu multitude de premios e recoñecementos á súa labor xornalística, caracterizada pola defensa da liberdade e da democracia, e convertiuse nun referente do xornalismo español, fiel ó seu estilo durante toda a súa carreira. Ademais de estar nominado en varias ocasións ós premios TP de Ouro e ó da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión ó mellor presentador, ten no seu haber un total de seis Premios Ondas.

É colexiado de honra do Colegio de Periodistas de Cataluña e Meridiana poal súa labor en favor da muller. As sondaxes do Instituto Gallup situárono no primeiro posto no ránking de Credibilidade de Xornalistas. PR Noticias recoñeceuno como o xornalista máis influente.

A todo isto hai que engadir, entre outros, os seguintes recoñecementos:

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iñaki Gabilondo