¡Basta Ya!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¡Basta Ya! é unha iniciativa cidadá española que inicialmente estivo formada por persoas de diversas ideoloxías, co triplo propósito de opoñerse ao terrorismo en calquera das súas formas, apoiar as vítimas, e defender o Estado de dereito, a Constitución Española[Cómpre referencia] e o Estatuto de Autonomía do País Vasco[Cómpre referencia]. Actualmente (2010), é contraria ao nacionalismo vasco[Cómpre referencia] e á actual política antiterrorista do PSOE[Cómpre referencia].

Historia e características[editar | editar a fonte]

Pese ao carácter universalista dos seus ideais, a organización ten a súa razón de ser na oposición ao terrorismo de ETA. ¡Basta Ya! caracterízase polo seu carácter activista[Cómpre referencia], posto que non só defenden os mencionados ideais, senón que tamén os promoven mediante a convocatoria de manifestacións e actos de protesta.

No ano 2000 recibiu do Parlamento Europeo o Premio Sajarov, premio concedido a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e as liberdades. En maio de 2007, coa colaboración moitos dos seus membros, xurdiu no seu seo unha plataforma, a Plataforma Pro, cuxo obxectivo era a creación dun novo partido político español como alternativa ao PP e ao PSOE, partido plasmado en Unión Progreso y Democracia.

Membros[editar | editar a fonte]

Coñecidos membros da plataforma son Jon Juaristi, Joseba Pagazaurtundua (asasinado por ETA no 2003), Maite Pagazaurtundua, Arcadi Espada, Carmen Igresias, Javier Urquizu, Iñaki Ezkerra, Agustín Ibarrola, Rosa Díez e Fernando Savater.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]