Ribadesella
Ribadesella (en asturiano Ribeseya) é un concello do Principado de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Llanes, ao sur con Cangas de Onís e Parres e ao oeste con Caravia. Fundada por Afonso X o Sabio. Foi un dos principais portos asturianos do século XIX. Conta cunha poboación de 6.296 habitantes (INE 2008).
O concello conta tamén con numerosas empresas dedicadas ao deporte de aventura, como piragüismo, espeleología ou escalada. O primeiro sábado de agosto despois do día 2 celébrase o famoso Descenso Internacional do Sella, onde acoden deportistas de todo o mundo e celébrase unha gran festa local.
Tamén este concello destaca pola variedade turística que ofrece, e sobre todo polas actividades que rodean á Cova de Tito Bustillo, famosa polas súas pinturas prehistóricas.
Demografía [editar]
| Gráfica de poboación de Ribadesella |
|---|
|
|
|
|
Parroquias [editar]
O concello de Ribadesella está formado por 9 parroquias, que inclúen un total de 37 núcleos de poboación:
- Berbes
- Collera
- Junco
- Leces
- Linares
- Moro
- Ribadesella
- Santianes
- Ucio
