Cangas del Narcea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da vila de Cangas

Cangas del Narcea é o maior concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias e un dos maiores de España. Está situado ao suroeste do Principado. O seu capital é Cangas del Narcea, que é atravesada polo río Narcea do que procede o seu nome (garganta do Narcea) e polo río Naviego. Limita ao norte con Allande e Tineo, ao oeste con Ibias (ao que se accede polo Porto do Connio, na AS-211 e polo Pozo das Mulleres Mortas e o Alto de Valvaler, sitos na AS-29), ao sur con Degaña (ao que se accede polo Porto do Rañadoiro na AS-15) e o municipio leonés de Laciana (ao que se accede polo Porto de Leitariegos sito na AS-213), e polo leste con Somiedo.

Ten unha poboación de 15.437 habitantes, con capital na vila de Cangas del Narcea, e as súas poboacións con maior número de habitantes son por esta orde, a capital Cangas del Narcea, Corias, Limés, Moal, Llanos, Rengos e Gedrez. O seu capital está a unha distancia de 90 quilómetros de Oviedo, e a súa principal vía de comunicación é a estrada autonómica do chamado corredor do Narcea.