Villaviciosa, Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Villaviciosa")
Barrio de San Roque de Tazones.

Villaviciosa é un concello, unha parroquia e unha vila da comunidade autónoma do Principado de Asturias (España). Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Sariego, Nava, Cabranes e Piloña, ao oeste con Xixón e Siero e ao leste con Colunga.

A súa ría é a maior de Asturias. Hai un importante porto pesqueiro en Tazones. A capital do municipio é Villaviciosa e o concello está irmandado con Villaviciosa de Odón, na Comunidade de Madrid.

É coñecido pola calidade da súa sidra e pola abundancia en pumaraes (nome co que se coñece en Asturias ós arboredos de maceiras). Na Idade Media denominouse Maliayo, topónimo que deu lugar ao coñecido xentilicio de maliayés. O topónimo actual, "Villaviciosa", significa "vila fértil".

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de poboación de Villaviciosa (Asturias)

Fonte: INE - Elaboración gráfica por Wikipedia