Cabranes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCabranes
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°24′26″N 5°25′26″O / 43.4071, -5.4239Coordenadas: 43°24′26″N 5°25′26″O / 43.4071, -5.4239
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
CapitalSantolaya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.105 (2023) Editar o valor em Wikidata (28,84 hab./km²)
Número de fogares530 (2011) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie38,31 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude581 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33310 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33009 Editar o valor em Wikidata

Sitio webcabranes.es Editar o valor em Wikidata

Cabranes é un concello de Asturias, sito no centro-oeste da comunidade. Limita ó norte con Villaviciosa, ó sur con Piloña e Nava, ó leste con Piloña e Villaviciosa e ó oeste con Villaviciosa e Nava. Núcleos destacados do municipio son Santolaya, Torazo, Fresnedo, Viñón, Niao, Valbuena e Xiranes. Conta cunha poboación de 33.009 habitantes (INE, 2012).

Este concello, ó igual que tódolos seus veciños, están plenamente inmersos na Comarca da Sidra, e como peculiaridade, en Cabranes, celébrase o Festival do Arroz con Leite.

Historia[editar | editar a fonte]

Da Prehistoria á Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Sen achados paleolíticos, os seus restos tumularios da época Megalítica non son moi prolíficos, hai tres restos de túmulos, na liña divisoria con Villaviciosa e outros dous, nos montes Incós e Montaliñu.

Da súa cultura castrexa e de romanización, só se descubriu un lugar, na Coroña Castru e outro posible vestixio no chamado Camino de los Moros.

O Período Medieval, segue sendo un pouco escuro, non atopando as súas orixes para saber como empezou a súa historia como concello, para poder enmarcalo, tal como ocorreu noutros concellos asturianos. Esta escaseza de fontes escritas, atenúanse cos restos arqueolóxicos de tipo eclesiástico, como son os da igrexa de Gramedo atribuídos as súas orixes ó ano 846 e a de Santa Eulalia. No referente ós enclaves defensivos desta época, son os de La Cobertoria, La Coroña Castru e a torre do Cueto, aínda que todos estes restos non están cronoloxicamente moi ben datados.

No século XIII, empeza a terse unha idea máis clara sobre estas terras. A instalación do mosteiro de Valdedios, debeu de ter unha grande influencia sobre todo o territorio. Durante este século o municipio de Cabranes xa empeza a aparecer consolidado, pero non aínda cos seus límites actuais xa que a súa organización administrativa, non ten nesta época a importancia que tiñan outros concellos, xa que era simplemente un concello rural e de vía de paso de Villaviciosa ó Porto de Tarna.

Nos séculos XIV e XV había un grande influxo monástico. O mosteiro de Santa María de Valdedios fundado no século XIII, alcanza o seu máximo desenvolvemento coa súa propia organización administrativa, pero tamén hai unha grande influencia da aristocracia laica, así o poderoso don Rodrigo Álvarez de Asturias, figura importante da época, tiña grandes dereitos sobre parte deste concello, deixando no seu testamento herdades ó mosteiro de San Vicente.

Tamén empeza a destacar o influxo da pequena nobreza local, pero están en continuos enfrontamentos familiares.

No século XVI, destácase a desamortización feita por Filipe II, que estivo a piques de pór fin ó mosteiro de San Vicente e ó seu predominio sobre o coto de Camás, onde tiñan unhas prerrogativas que cara a marcar este territorio como independente dentro da área, así administraba xustiza tanto civil como criminal, ou de vasalaxe que debían as xentes da zona ó mosteiro. Pero as alegacións interpostas impediron a súa desvinculación. Esta influencia do mosteiro comeza a desaparecer no último terzo do século vindeiro.

Século XIX en diante[editar | editar a fonte]

No século XIX, este territorio segue situado no seu ambiente rural, só cabe destacar o mosteiro de San Vicente, que segue mantendo a súa influencia sobre o Coto de Camas que desaparecerá completamente como zona independente, no último terzo do século, incorporándose en todos os seus aspectos ó concello de Cabranes. A súa evolución industrial foi case inexistente, en parte debido ó seu illamento e en parte pola súa exclusión das principais vías de comunicación.

No século XX, este concello estivo marcado pola súa emigración, descrita xa na súa evolución demográfica. A guerra civil non tivo especial transcendencia no municipio e o paso do tempo non puido modificar o seu carácter rural.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O último censo -de 2012- dáballe unha poboación de 33.009 habitantes, e as súas principais localidades son, por número de habitantes: Santa Eulalia capital do concello, Camás, Torazo, Pandenes e Piñera. As principais vías de comunicación son: a estrada AS-25 entre L'Infiestu e Villaviciosa, a AS-335 que se une á anterior no centro do concello e discorre de oeste a leste e a AS-334 que vai cara a Piloña. Este concello está a unha distancia da capital do Principado de 47 quilómetros.

Municipio pequeno de orografía pouco accidentada, xa que as súas altitudes máximas non superan os 600 metros. As súas cotas máis altas son: Incós de 578 metros e o Montaliñu de 546 metros. Cabranes, ten unha ducia de regatos que discorren dentro do concello, e destacan pola súa lonxitude os ríos: Sales e o Viña.

É un concello de carácter rural e gandeiro, as súas explotacións son na súa maioría de pequena extensión, tendo certa importancia a explotación da mazá e dos seus bosques.

Parroquias[editar | editar a fonte]

O concello de Cabranes está formado por 6 parroquias:

Toponimia[editar | editar a fonte]

En virtude do decreto do 17 de novembro de 2005, publicado no BOPA do 2 de decembro, foron aprobadas as formas oficiais dos topónimos do concello de Cabranes, pasando a ser oficiais en todos os casos as denominacións en asturiano. As denominacións asturianas son as únicas que poderán aparecer na sinalización viaria e nos mapas oficiais.[1]

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

A poboación que ten actualmente (2012) é duns 33.009 habitantes, cifra que é a menor que ten desde o século XVIII. O seu máximo alcánzao en 1910, cunha poboación de 3.750 persoas, producíndose tal caída demográfica por culpa da emigración, diferenciando dentro dela dúas etapas distintas, segundo as necesidades da época. Nun primeiro momento cara a 1950 a súa poboación dirixiuse cara aos países de Ultramar, como Cuba, México, a Arxentina e a República Dominicana, cambiando nun segundo período a destinos máis próximos, como foi o centro da rexión, ás zonas industrializadas, Xixón, Avilés e as concas mineiras.

As súas consecuencias foron, un despoboamento e unha inversión da pirámide de poboación. Tendo un grande envellecemento, así o 37% ten máis de 60 anos e a presenza de parellas novas é só do 17%. Hai que destacar unha porcentaxe moi elevada de poboación inactiva xa xubilada que é o 40%.

Economía[editar | editar a fonte]

O maior número de ocupacións, vén dado pola gandaría e os seus derivados o leite e a carne. Agora empeza a destacar o sector servizos, debido á apertura de hospedaxes rurais e outras actividades turísticas. A súa industria é escasa, dedicándose máis ós produtos básicos.

Política[editar | editar a fonte]

No concello de Cabranes, desde 1979, o partido que máis tempo gobernou foi o PP. A pesar diso, o actual alcalde é o socialista Alejandro Veiga, quen goberna desde 2003 con maioría absoluta:

Eleccións municipais
Partido 1979 1983 1987[2] 1991[2] 1995[2] 1999[2] 2003[2] 2007[2] 2011[3]
PSOE 3 4 2 4 3 3 6 8 8
CD / AP / PP 0 7 7 5 6 4 2 1 0
UCD / CDS 8 0 0
URAS 2 1
FAC 1
Total 11 11 9 9 9 9 9 9 9

Arte[editar | editar a fonte]

No concello de Cabranes, hai que diferenciar entre a súa arquitectura de tipo eclesiástico e de tipo civil, que foi moi importante.

  • Entre a súa arquitectura eclesiástica destacaremos:
  • A igrexa de San Julián de Viñon, é unha mestura entre a arte prerrománica asturiana e o románico, é Monumento Histórico Artístico. Igrexa de planta rectangular con teitume case plano a dúas augas e cunha capela cadrada, máis estreita que a nave. A súa sancristía e o pórtico, son engadidos posteriores. Tiña tres accesos, dos que só queda un. O máis destacable é a súa capela que se abre por un arco de tripla rosca, nos laterais hai arquerías cegas sobre columnas, que non arrincan do chan, senón dun banco corrido. Os capiteis das columnas adórnanse con diferentes motivos: animais devorando figuras humanas, vexetais entrelazándose etc.
  • A igrexa parroquial de Santa Eulalia, do século XV, é un edificio de grandes dimensións de planta rectangular, do seu interior destácase a imaxe de San Francisco de Paula, que goza de gran devoción.
  • A igrexa de San Martín el Real, de estilo manierista. É un gran templo dunha soa nave, con bóveda de cruceiría e ábsida semi-hexagonal. Ten unha pequena capela encostada ó muro norte. Ten dúas entradas, unha á beira da entrada principal, onde está o campanario de base cadrada e outra a un lateral.
  • A súa arquitectura civil de casas e escolas, son debidas ó patrocinio do colectivo indiano que tivo este concello. Todas estas obras resultaron da intervención do Club Cabranense da Habana que achegaron a axuda económica para financialas. Destacaremos de entre todas elas:
  • As escolas de Viñón, edificio austero de arquitectura doméstica. É de planta baixa, con dúas aulas unha para nenas e outra para nenos. O primeiro piso eran as vivendas de mestres e mestras.
  • As escolas de Santa Eulalia, edificio modesto e funcional, onde se destaca, como en todos os edificios deste tipo, a separación de sexos, tanto nas entradas, nas aulas, como nos patios de xogos.
  • O chalé do indiano Alfonso San Feliz, destacando as súas aplicacións coloristas sobre os muros.
  • Á parte doutras sete casas repartidas por este concello, denominadas como arquitectura indiana.

Museo da Escola Rural[editar | editar a fonte]

Museo da Escola Rural.

O museo sitúase en Viñón, situada a uns 2 km da capital (Santolaya), na marxe inferior da estrada Villaviciosa-L'Infiestu, a 7 km de Villaviciosa e 15 de Nava; acolle a igrexa parroquial, que está baixo a advocación de San Julián, é de estilo románico pero con elementos do prerrománico asturiano e foi declarada Ben de Interese Cultural con categoría de Monumento o 7 de maio de 1965 (BOE 1-6-1965).

Alóxase o museo na antiga escola, que data de 1907 e foi construída segundo proxecto do arquitecto provincial Javier Aguirre Iturralde. Trátase dun edificio concibido como escola unitaria, con capacidade para 120 alumnos no piso inferior, mentres o superior servía como residencia para os mestres e as súas respectivas familias.

Festas[editar | editar a fonte]

Teñen gran cantidade de festas, entre as que destacaremos: San Francisco en Santa Eulalia, o Carmen en Arboleya e Torazu, A nosa Señora en Fresnedu, Santa Ana en Madiedo, e La Corbatera en Graméu.

O declive da gandaría non impide que se sigan celebrando feiras gandeiras con gran concorrencia de público. Están as feiras de Santa Eulalia, Torazu e Pandenes.

Hai varios eventos de festas seculares, como a centenaria procesión e poxa de ramos do Carmen en Torazu que conta cunha confraría que remonta a súa historia a 1776. Unha festa que está a cobrar grande importancia é o festival do arroz con leite que se celebra durante as festas de Santa Eulalia ou tamén a destacar é o desfile de carrozas en Fresnedo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BOPA 118/2005". Arquivado dende o orixinal o 27/05/2020. Consultado o 30/01/2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Dirección General de Política interior
  3. "Elecciones Locales 2011". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]